



Xa fai uns días que por fín estou de volta, así que reanudamos unha das nosas actividades favoritas: facer saídas polo entorno para ver de primeira man os cambios estacionais e como afectan ás árbores. Puxemos as botas de auga para disfrutar sin mollarnos e acompañados de Sandra cos seus nenos e de Isabel, collimos camiño do Instituto. Alí pasamos baixo os carballos do xardín da entrada, onde xa estaba o chan cuberto de landras (que por suposto fomos apañando...;)
Na clase temos moitos tubos de cartón e un día empregámolos para pintar seguindo a proposta de escoller todo tipo de elementos: paos, palliñas, esponxas, tubos, follas, cortezas... A idea era que escollesen unha cor e fosen enchendo con círculos un cadro bastante grande. O propósito era divertirse coa composición pero tamén, e o máis importante, aprender a respetar a intervención dos compañeiros. Non podían interferir no que facían os outros e tiñan que aprender a respetar o espacio, pintando con coidado e orde. E tamén e o máis dificil de todo, traballar a paciencia e os tempos de espera.
Este ano o Día das Letras galegas adicouselle a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. A proposta do Equipo de Normalización Linguística foi achegarnos á súa obra co poema "un dous tres, foxen da retorta SERPE...".
Gurriarán que naceu en Valdeorras no ano 1903 e finou en Fair Oaks (California) en 1987, foi un avogado e poeta galego que tivo que exiliarse pola guerra. En México fundou a revista Vieiros, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963).