Con materiais que tiñamos pola clase (sementes de camelias, froitos de liquidambar, landras, musgo seco, bolas de porexpán, limpapipas e plásticos de cores) e outros que merquei (cogumelos, velas, laciños...) fixemos un centro de mesa para levar a casa e prender na cea de Noiteboa con toda a familia e lembrarnos dos compañeiros de clase. Primeiro pegamos con alkil espuma de florista nun plato, cubrímola con musgo e deixámolo secar dous días. Despois espetámoslle as bolas de porexpán que previamente pintáramos de vermello, colocamos as sementes pintadas de dourado, engadímoslle as formas que eles compuxeron con dóas de plástico e que eu planchei, colocaron limpapipas vermellos, verdes e dourados e de remate púxenlle as velas. Un toque de espray para dorar o musgo e logo pedíronme un chisco de neve... e listo. Estaban encantados co resultado!
O xoves fomos ver na Biblioteca unha obra de teatro representada polos nenos de 3º de primaria e tivemos visita sorpresa dos REIS MAGOS que nos deron caramelos e o último día en todo o cole tivemos festa: CHOCOLATADA CON CHURROS, tamén comimos un panetone que nos mandou Vanesa a nai de Ana, bailamos, escoitamos villancicos, tivemos visita de exalumnos que están xa no instituto... e rematamos levando os traballos a casa. (porei fotos na seguinte entrada)
DEIXAMOSLLE UNHA CHEMINEA PREPARADA A PAPÁ NOEL .... POR SI ACASO!. FOI IDEA DE LYA SACAR AS FOTOS SENTADOS DIANTE. E TAMÉN ESTÁN AS FELICITACIÓNS COAS FOTOS QUE FIXEMOS NA PORTA DE CLASE COA ARBORE E O CORRAL DOS RENOS.
Nas aulas de educación infantil moitas veces
traballamos con obras de Joan Miró pola aparente simplicidade, orixinalidade e sinxeleza
nas formas que realiza e o uso de cores… Todos estos aspectos están moi relacionados coa forma de
representación infantil. Entre outras cousas, Joan Mirou utilizaba brillantes
cores, especialmente o azul, vermello, amarelo, verde e negro.
Tamén
una das razóns polas que eliximos a este artista, é principalmente porque á agora
de pintar baséase na imaxinación e nos soños, é dicir, é un dos maiores
representantes de surrealismo. Á hora de
pintar, debuxar e crear é un artista que dá renda solta á imaxinación. É de
mente libre. A mente dun neno funciona nestas edades de forma moi semellante:
mentes libres, imaxinativas e sen medo a experimentar.
Despois de observar e comentar algunas
das súas obras, deilles aos nenos 5 botes con témpera verde, amarela, azul, vermella e
añile ao rematar todos tiñan que engadir algúnha liña en negro. Só lles pedín que non mesturasen as cores e que empregaran un trazo diferente para cada cor. Este foi o
resultado…
Este trimestre estivemos traballando varias
formas de arte xeométrica. Por iso realizamos MANDALAS, xa que nos permiten traballar contidos básicos de Infantil e Primaria entre
os que destacarían os de xeometría, grafomotricidad ou linguaxe artística… Entre
outros efectos beneficiosos, colorear ou crear mandalas estimula a
concentración, a atención e a memoria, axúdanos a construír unha imaxe positiva
de nós mesmos, favorece a creatividade, a autoestima e a afectividad, axúdanos
a organizar e comprender o mundo que nos rodea; proporciónanos unha sensación
de seguridade, benestar e harmonía, favorece a tranquilidade e serve para
expresar de forma creativa pensamentos e emocións.
A palabra "mandala" vén do
sánscrito e significa círculo, é unha representación simbólica da unión do
individuo co universo que o rodea. Ten a súa orixe no punto central e
constrúese cara ao exterior. En todas as culturas ao longo da historia podemos
atopar debuxos xeométricos similares aos mandalas: os yantras da India, as
rodas de sanación dos indios americanos, moitos deseños celtas, os rosetóns das
catedrais gótica.
Estos deseños xeométricos, tamén se atopan
na natureza: vémolos cando cortamos unha froita, algunas follas, moitas flores... vémolos cando observamos as ondas ao tirar unha pedra na
auga, cando miramos unha folerpa de neve no microscopio, ou nas imaxes das galaxias...
Este mandala fixérono os nenos no areiro do patio...
A través do tempo e en moitas culturas, os mandalas foron unha
ferramenta para a meditación ou a oración, un símbolo de sanación e tamén un
instrumento para diagnóstico. Hoxe utilízanse tamén para aliviar o estrés e os
neuropedagogos dín que traballar con mandalas contribúe ao desenvolvemento do
hemisferio dereito do cerebro, desenvolvendo as facultades intuitivas e
creativas.
Beatriz e Gonzalo, os pais de Lyaviñeron a compartir con nós a merenda e trouxeron tortillas e empanadillas que preparan no bar que teñen. As empanadillas eran unha receita de Colombia adaptada, que alá se come con salsa picante e os nenos comeron con ketchup... Para Lya foi unha sorpresa, xa que non lle dixéramos nada. Bea falounos do seu fermoso país de orixe, do seu clima, da cidade onde naceu, de personaxes famosos como o escultor Botero e o escritor García Marquez... aínda que eles só coñecían a cantante Shakira... Tamén nos contou que Colombia é un dos maiores productores de café, de froita... e de orquideas.
Despois vimos en youtube a lenda da Madre Monte: un personaxe misterioso que vive nos montes e ten a pel verde e musgosa, que protexe dalgún xeito os bosques e castiga aos que os perxudican. Os rapaces encantoulles a historia e xa ma pediron máis veces, así que tamén vos poño aquí o enlace. Despois, algúns, só uns pouquiños, bailaron unha cumbia e finalmente comeron as empanadillas ao berro de ketchup!! e deron boa conta das dúas enormes tortillas...
Só deixaron os cartóns ( e despois algúns aínda merendaron o que traían de casa..). Como comensales estiveron á altura e deronlle a Bea dúcias de felicitacións pola merenda.
Moitas grazas Beatriz por compartir con nós a mañán!
A cabaza de Sergio foi elixida no concurso xunto co mural de Xoel e o venres fixemos a entrega dos premios, pero como non pudo asistir, hoxe démoslle o seu diploma e o agasallo. Aquí están os nosos gañadores compartindo o aplauso que lles demos na clase. Parabéns!
Rosa, a nai de Nohemí, é de Venezuela e o venres veu a clase a cantarnos un aguinaldo, que é como lle chaman alá ás panxoliñas. abaixo póñovos o enlace coa canción "CORRE CABALLITO" e tamén a que nos trouxo o ano pasado "MI BURRITO SABANERO"do que aínda se lembran xa que lles gustou moito. Ademáis, mentras as íbamos buscando en internet, contounos moitas cousas do seu pais de orixe e da capital Caracas onde ela naceu. Tamén nos falou de como se celebra o Nadal, de como se fan as hallacas sobre follas de plátano e da súa historia, do pan de xamón e da ensalada de galiña que son as comidas propias da Noite Boa. Tan rico nos parecía todo ... que nos entrou a fame antes da hora da merenda.
O venres entregáronse na Biblioteca os diplomas do concurso de cabazas e de composicións de outono. A cabaza de Sergio e o mural do magosto feito por Xoel foron elixidos entre os favoritos. Aquí están os dous traballos e unha foto de Xoel na entrega dos premios.
A maxia é unha das cousas que máis lles gusta aos pequenos e aos grandes porque... e si existe?
Onte fomos á Biblioteca a ver ao mago Rafa que nos fixo unha sesión previa ás xornadas que van ter lugar en Bertamiráns e no Milladoiro.
Escolleu de voluntarios a Kayque, a Clara e Carlota que fixeron de axudantes e meteronse completamente no papel. Kayque dibuxou un sol e unha chuvieira para que o mago fixese aparecer un pano coas cores do arco da vella, Clara axudoulle cunhas variñas que se doblaban soas e que se multiplicaban e gañou unha... e Carlota saleu ataviada cun sombreiro e un bolso a xogo. O mago tamén fixo aparecer e desaparecer as cores dun libro de dibuxos ("como pode ser? decía un alumno de 1º... si eu non borrei nada."). Un rato moi divertido ...e máxico!.
Futuros médicos, os alumnos e alumnas da Facultade de Mediciña de Santiago fotografiaron a actividade do Hospital de osiños que realizaron cos nenos e nenas de 6º de Infantil. Coas fotos que nos mandaron estos días fixen este video: a mesma actividade, pero vista desde outro punto de vista.
Iniciamos o traballo pensando a parte no corpo que se podía empregar para facerun mural do outono. E decidímonos polas máns abertas, que parecían ramas. Logo, deitados no chan diante dun papel que ocupaba toda a clase, cada un fixo a súa árbore en este BOSQUE DE a.BRAZOS. Dibuxaron o contorno desde os dedos ata os cóbados. Mesturamos o outono, (coas súas cores cambiantes) e o coñececemento do corpo, (tiveron que escoller entre dereita e esquerda). Usamos témperas, pinceis, esponxas, espumas, follas recollidas no monte, follas estampadas... Tamén empregamos técnicas diferentes: pintamos, recortamos, imprimimos, pegamos, mesturamos cores, estampamos... e sobre todo intentamos compartir o espazo e colaborar engadindo cada un o que se nos iba ocurrindo según o que sabemos de esta estación do ano. E aínda non rematamos!
O Magosto é unha das nosas tradicións máis arraigadas e o venres 14, a pesar de que parecía que non poderíamos sair polo temporal de tronos e choiva que caeu na Maía, este amainou e permiteunos celebralo. Veu un castañeiro que non traía o típico tren pequeniño: este parecía o Ave dos trens! e os pequenos quedaron pasmados cando o viron...
Tivemos dous axudante dos maiores, Miguel e Nico o irmán de Álvaro, que nos axudaron o organizar os xogos e a pintar os nenos e aguantaron o tipo ante a impaciencia dos pequenos e incluso as mostras de afecto que case tiran con eles... (Grazas rapaces!). Despois comemos as castañas nos cucuruchos e escoitamos a unhas invitadas estupendas, María, Ana e Masé, compoñentes do grupo "AS TOCADORAS DE NINGHURES", que introduciron aos
pequenos nos ritmos tradicionais da gaita, o tambor e a
pandeireta e fixerón bailar a pequenos e grandes.
E ademáis, ao longo da semana, fixemos O CASTAÑÓN. Cada neno fixo unha parte, e aínda que o comezo tivemos o típico "medo ao folio en branco" e non se nos ocurría como facelo, despois foron engandindo de todo o que se nos ocurría: hortensias e follas secas, sementes, botós, espuma, cintas para o pelo, e por suposto purpurina.... Puxen eu o tope... que senón aínda seguen poñendolle cousas! En este enlace ao blog da Biblioteca están todos os castañóns que se fixeron no colexio en infantil e primaria.
O próximo día 24, luns en horario de 16,30 a 19 horas celebrase no Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar. Esta circular que os nenos levarán mañán explica como proceder.
Meter as máns na terra ou na area é unha actividade que lles encanta a case todos os nenos. É un retorno á Natureza e ao contacto cos elementos naturais. Manipular area é unha experiencia sensorial para os máis pequenos que estimula a motricidade fina e axudaos a comprender e descubrir conceptos “científicos” como cheo e baleiro, lixeiro e pesado, seco e húmedo… E tamén é unha oportunidade para os maiores e incluso adultos para experimentar proxectos creativos únicos.
Un día enviaronme un video (clicar) cun "material sueco moi sofisticado": AREA CINÉTICA! ou AREA DE LÚA!. UFFF que cousa máis interesante ... e cara!. Así que buscando por aí atopei a maneira de facer a nosa propia area de lúa: caseira, barata ... e do país.
Ingredientes para facer area de lúa:
5 vasos de area moi fina
5 vasos de fariña de millo (maicena caducada!)
1 vaso de auga
e logo mesturar (..mais ou menos, xa que todo foi a ollo)
de momento ten unha caducidade dunha semana (despois ule un chisco peculiar ... e tense que renovar)
Durante a semana pasada os nenos trouxeron a clase as cabazas que decoraron na casa para participar no concurso do colexio. Grandes, pequenas, divertidas, de medo, feitas con axuda e feitas sós, pegadas, pintadas, picadas, vaciadas ou enteiras.... había de todo!. Logo colocámolas en exposición baixo a árbore do edificio de infantil e sacamos fotos diante. Tamén fumos visitar as dos nenos de primaria: máis de 200 que ocupaban toda a entrada. Quedamos pasmados coa cantidade e coa imaxinación e creatividade amosadas por todos. (Grazas pola colaboración!). Podedes ver todas as cabazas no blog da biblioteca. Fixemos dibuxos de medo e falamos da tradición do Samaín e do Halloween, que a estas alturas se mesturan nas festas infantis.
O curso pasado conteilles aos pequenos o conto "O DRAGÓN que cambiaba de conto cada vez que esbirraba". Unha historia moi divertida narrada por David Aceituno e que conta coas fermosas ilustracións de Miguelanxo Prado que nos encantou. Pois hoxe ás 8 vai estar o ilustrador Miguelanxo Pradona libreiría Cronopios de Santiago da rúa Alfredo Brañas presentando o libro e firmando exemplares. Por si vos queredes achegar!
Unha mostra das páxinas de este fermoso libro que conta moitísimas cousas e no que hai un dragón, un cabaleiro, unha princesa, animais... un conto con moitos contos no que os nenos recoñecen historias dentro de outras historias.
Aquí vai máis detallada a experiencia que tivemos o pasado mércores os nenos de 6º Infantil do Ceip A Maía en colaboracion coa AMPA, con Medicina Interna de Galicia (Meiga) e os alumnos e alumnas da facultade de Mediciña da Universidade de Santiago que nos visitaron.
Veredes os distintos obradoiros polos que pasaron os "pequenos médicos": aulas de anatomía, de nutrición e hábitos saudables, salas de consulta, quirófanos, salas de curas.... Os case 40 estudantes de mediciña repartiron aos nenos en pequenos grupos para que os 75 rapaces estivesen en todos os obradoiros. E, mentras, os de 3 e 4 anos andaban todos intrigados con tanta bata blanca e verde e cos esqueletes que andaban polos corredores...
Pasaron consultafacendo de papás e mamás dos seus osiños, cubriron o seu historial clínico, fixeron un repaso de anatomía, deron clase dehábitos saudables, xogaron a ser globulos blancos cazando virus, vestidos de cirurxánsoperaron pacientes de plastilina nun quirófano xenial e fixeron curas aos seus osiños...
Saíron feitos uns expertos!E os futuros médicos tamén o pasaron moi ben con estes pequenos estudantes que (salvo algúns máis tímidos), non pararon de falarlles en toda a mañán ...
E de remate os alumnos de mediciña agasallaron aos nenos con un "boli gel y brilla" ...que hasta que o vin non me decatei de que era un "boli geringuilla"...