Seguindo coas visitas lectoras, tocoulle o turno a Mayte, a nai de Martina, que estaba un puntiño máis alá de impaciente... Mayte trouxo varios contos pensados para romper tópicos e para facer pensar nas cousas desde un punto de vista diferente e integrador. Contounos primeiro O CONTO DAS CORES nas que cada unha delas se sinte e comporta dun xeito diferente ata que chegan os aburridos incoloros e pretenden cambialos. Pero as cores non se deixan e ademáis fan aparecer unha nova: a cor VIOLETA.

Unha historia escrita por Ilan Brenman para darlle unha volta divertida aos contos máis clásicos e romper tópicos. A ilustración de Ionit Zilberman é moi divertida, e métenos nun mundo de princesas un pelín peideiras. Se ledes o libro veredes porqué os ananiños meten a Brancaneves nunha caixa de cristal!! UFFF
Despois Mayte leunos "O DÍA DOS PÉS", un pequeno conto sobre unha parte do corpo que sempre esquecemos e temos encerrada entre calcetíns e zapatos de todo tipo. Un día os pés van por libre e na clase xogamos con eles un rato moi divertido. Ademáis como despois tíñamos clase de psico tocounos descalzarnos para liberar os pés... Sempre é un momento moi relaxante e divertido e que nos fai moita falta!
Gracias Mayte por estes contos tan divertidos e por pasar este ratiño con nós!
premendo AQUÍ está o KIZOA coa s fotos do día |