Como cada ano os alumnos de infantil seguimos os
mandadiños do Meco, que nos deu instruccións para vir ao cole durante a
semana do Antroido. Pasámolo moi ben, aínda que botamos de menos a moitos compañeiros que estiveron enfermos estos días e non puderon compartir con nós estos momentos. (Na seguinte entrada porei os disfraces cos que viñeron o venres). Moitas gracias a todos por participar nesta actividade!
Páginas
venres, 28 de febreiro de 2020
martes, 25 de febreiro de 2020
Hora de ler cos nenos e nenas de primeiro!
O pasado xoves os nenos e nenas de primeiro co seu profe José Luis viñeron a clase na hora de ler. Unha proposta do equipo da Biblioteca. Primeiro presentámonos uns a outros aínda que moitos xa se coñecían e tamén había algunha irmá.
Dixeron que iban ler o conto "LINA VUELA EN ALA DELTA" de Elisa Mariscal e Emilio Urbeaga, publicado pola Editorial Santillana.
Preguntáronlles si sabían que era unha ala delta ...a máis rápida en contestar foi Lola!
Uns leían e outro era o encargado de mostrarlles as ilustracións
Cando rematou a lectura, falamos do cambio entre infantil e primeiro,
do que uns pensaban que iba ser e do que lles parece agora, do que
botaban de menos e de algunhas cousas coas que disfrutan. Jimena
contounos que ao principio tiñan algo de medo polo cambio, pero dixo que
despois xa non e que agora lles gustaba.
Pola nosa parte contámoslles os recantos que temos na clase e algún dixo que sabía que
os maiores teñen unhas mesas diferentes que as nosas (con caixóns
debaixo para gardar as súas cousas)
A visita rematou cunha invitación dos maiores para visitalos na súa aula.
Alí estaremos!
Alí estaremos!
Gracias aos nenos pola visita e ao profe José Luis por traelos!
Algunhas imaxes do libro
Etiquetas:
animación á lectura,
conto,
visita
domingo, 23 de febreiro de 2020
Día de Rosalía... nos escaparates de Bertamiráns
O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Dende o Equipo de Normalización Lingüística en
colaboración co Concello déronnos unha lámina de cartón pluma para escribir un poema e
despois levalo a un comercio de Bertamiráns. Todos os centros educativos participamos nesta iniciativa que enche as nosa rúas de poesía. Incluso están nos buses como podedes ver na web do cole.
Fixen unha escolla de pequenos poemas de Rosalía e leinllos na asamblea. Uns parecíanlles tristes, outros ledos, pero como estamos aprendendo sobre os paxaros, pareceu oportuno escoller este poema de Rosalía que dí: "Canta paxariño canta, de ponliña en ponla, que o sol se levanta"
Así que puxéronse a practicar nun papel de proba para dibuxar ben os paxariños. Pero os das probas quedaron tan bonitos que finalmente os pintaron e recortámolos para pegalos nas poliñas da arbore onde outros escribiran as palabras do poema.
Despois fixemos un sorteo para ver quen sería o noso representante (descartando os que xa lles tocara o curso pasado) e tocoulle levalo a Lía que nos mandou estas fotos diante do cartel no escaparate dun local que seguro todos recoñecedes.
sábado, 22 de febreiro de 2020
Biblioteca de aula en prestamo
Fai unhas semanas comezamos a levar a casa algúns libros da
Biblioteca. Para eso empregamos as bolsas que decorastes na casa. Levan
dentro unha libreta na que cada neno rexistra o libro que leva, risca no
recadro si lle gustou moito pouco ou nada e fai un dibuxo sobre a
historia.
Tamén pegan en cada páxina unha foto da portada do libro e escriben o seu título.
mércores, 5 de febreiro de 2020
Festexando o Día da Paz!
Na clase preparamos pompóns de papel para participar na celebración do Día da Paz. Cortamos papel continuo en tiras o máis estreitas posibles. Aínda que ao principio lles parecía dificil recortar un anaco tan grande en tiras "máis ou menos paralelas" e sen marcar, esforzaronse moito para conseguilo. Olivia deixounos fascinados co seu impresionante traballo!. Non parou hasta conseguir as tiras máis finas de toda a clase!
Tamén comprobamos que había distintas sonoridades según o ancho e que canto máis estreitas eran, mellor nos sonaban e mellor movemento tiñan. Finalmente o venres unímonos a todos os compañeiros de infantil na sala de psicomotricidade
bailando cos pompóns acompañados da canción "De festa" de Uxía Lambona e a banda molona.
Etiquetas:
conmemoración,
manualidades,
paz
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)