O martes fomos ata a Biblioteca. Entre poñer abrigos, colocarnos, repasar as normas, enfilar, ver caer as follas da pérgola e saudar a todo canto atopabamos de camiño.... levounos un bo rato. Por fin chegamos, explicamos as normas de Leodoro para a Biblioteca e vimos que os axudantes tiñan colocadas unhas estanteirías cheas de libros de Nadal. Eu escollín o libro "Feliz Navidad, Splat" de
Rob Scotton(autor e tamén ilustrador dunha colección de historias moi divertidas da que este libro forma parte). Expliqueilles que podíamos levalo a clase, pero que tíñamos que apuntarnos na libreta de préstamos.
Aquí estamos poñendo "cara de foto" na zona azul de prelectores:
Cando volvimos a clase estabamos un chisco cansados: parecía que en vez de subir a rampa víñamos de subir o Everest!. Así que cando recollimos todo, sentámonos na alfombra para escoitar a divertida historia de Splat. Algún estaba tan canso que quedou durmido!
Resumo do conto: a noite de Nadal Splat, despois de facer a carta a Papá Noel, espera recibir un gran agasallo... pero de
súpeto entranlle dúbidas de si sería o suficientemente bo... Pensa que aínda
está a tempo de arranxalo e éntranlle unhas enormes ganas de demostrar o bo que é. E comeza a axudar en todo... Demasiado!. Ao final recibe xusto a caixa vermella que el debuxara na súa carta. Pero non sabemos o que ten dentro... E ninguén de clase o preguntou: sinal que tamén eles se percataron de que o importante non era o regalo en sí, senón a sorpresa e o cariño con que llo diron todos os membros da súa familia.
Por certo: desde o martes están a recordarme seguido que "teño que levar o conto á Biblioteca e borrarme da lista": esa norma vese que nos quedou moi clara jeje.
A principios do outono atopamos as landras do carballo americano que temos no patio e tamén moitas sementes de arce (as que vos levaron algúns para casa). Contamos o conto de "Xaime e as landras" e fixemos coma o protagonista: plantar algunhas das landras en macetas de clase. Esperamos e esperamos... pero debeunos pasar coma no conto e non naceu ningún carballo.
Despois probamos con outras sementes máis grandes (aguacates) e máis pequenas (liño) con diferentes resultados. Tamén plantamos os curiosos rizomas do xenxibre e estos parecen a piques de agromar.
Un día trouxenlles moitos bulbos de tulipáns e na etiqueta pareceunos unha flor preciosa e baixamos a plantalos no xardín. Costounos atopar ocos porquexa temos plantados bulbos de narcisos e tamén allos de monte que darán unhas delicadas flores blancas dentro de nada. Aprendimos o xeito correcto de plantalos, co pico para arriba eagora toca esperar ata a primavera!
O conto dos tres porquiños é un clásico ao longo de xeracións de pequenos, en tódalas versións posibles, imaxes, cores, formatos, con finais de todo tipo... e, por non ser menos, na clase é un dos nosos preferidos e solicitados.
Esta vez ademais de escoitar o conto, fixemos as casas dos porquiños empregando virutas para simular a palla, e gomets para facer de ladrillos.... Cando rematamos as casas de palla parecía que pola clase pasara o lobo soplando e soplando.... pero despois quedou moi recollido!
Ademáis falamos de cómo viven os porquiños, de cómo e porque se bañan na lama e empregamos o buscador para escoller tres imaxes dos porquiños realizando actividades diferentes: as escollidas foron estas.
Para pintar a lama na que se embadurnan escollín un producto que temos nas casas: o café. Primeiro intentamos adiviñar a través do olfato o qué lles parecía.
Despois descubrimos que podíamos pintar con él se o mollábamos con auga e conseguimos unha cor moi parecida á lama e ademáis un traballo moi oloroso!.
Pasámolo moi ben co noso primeiro café: aínda que xa saben que eso é "para maiores".
Durante o Outono fixemos varias actividades coas follas: saímos a observar como cambiaban de cor nas árbores, recollímolas no instituto, xogamos con elas no patio de area, fixemos atados coas máis grandes e bonitas (que agora temos pendurados na clase). Secámolas, rachámolas en anacos miudiños practicando a destreza motriz e pegámolas nos folios. Tamén levaron unhas cuantas nas mochilas: un agasallo para vós que recollían con moito cariño!. Non lles importaba que tivesen area ou estiven magulladas, era o xeito no que expresaban o seu cariño pensando en papá e mamá.
Unha tarde, despois de retirar a exposición das cabazas quedei mirando para o mural do Samaín que estaba de fondo, e co aquel de reciclar (e aforrar papel e tempo), funo transformando nun bosque de outono. O ceo cambiou de cores e medraron varias árbores que deixeu coas polas sen follas....
Cando chegaron pola mañán fíxenos pensar que podíamos facer con esas
árbores desnudas e escoitamos e cantamos de novo unha canción que nos gusta moito. Póñovola aquí.
Despois conteilles o conto da árbore sen follas. A música non nos gustou moito, pero a historia sí, e foi o que lles dou a idea do que podíamos facer coas nosas árbores sen follas.... Como vedes xurdeu de xeito "expontaneo"!
Usamos o buscador do firefox para atopar os modelos de follas que máis nos gustaban e escollimos unha de carballo e outra de castaño (andabamos a voltas co magosto)
Buscamos nas caixas de ceras as cores que máis se aproximaban as follas que observamos, aínda que algúns van por libre, e cada un pintou un par. Despois púxenlle as súas caras para que cada un recoñecera as súas.
Achegámonos ás árbores e vestímolas pegandolles as follas ...
Este foi o resultado: traballamos o coñecemento do medio físico e participamos na decoración e ambientación do colexio.
Os nenos teñen unha enormecuriosidade por coñecer o mundo que os rodea e están na idade na que todo son preguntas: por qué esto? por qué o outro?. Moitos xoguetes xeran neles o interés por saber cómo funcionan, este é o caso dunha caixa de imáns que temos. Sempre a usaron como un xogo, empatando pezas para construir estructuras e vendo que por un lado se atraen e por outro se repelen... Pero esta vez propúsenlles unha experiencia práctica: ver si podían sacar dun bote os anacos de limpapipas de cor (que teñen un centro metálico) sin meter as máns dentro.
Estiveron probando e conseguirono unindo unhas pezas con outras ata ter unha máis longa que chegaba ao fondo. Despois estivemos comprobando pola clase as cousas que quedaban "pegadas" nos imáns e as que non.
Os pequenos de infantil tivemos unha divertida sorpresa co músico, poeta eCANTACONTOSLuis Vallecilloque nos fixo dúas sesións con divertidas cancións en galego cun aire de rock e blues acompañado da súa guitarra. Na nosa sesión cantounosa "historia dos tres porquiños", "as pantasmiñas", "Xan sin medo", "xoguetes populares" e "saímos amodiño"... Repetiron os retrousos, bailaron, cantaron e pasámolo moi ben!...
Na web do cole podedes ver o video con máis fotos e as cancións clicando AQUÍ
O pasado martes 10 celebramos o primeiro magosto ao que asistiron os vosos fillos no cole. Seguro que xa volo contaron!. Cada neno levou o seu cucurucho e alá foron a comer castañas. Póñovos AQUÍ O ENLACE COA WEB DO COLE para que poidades ver como foi a xornada.
Os nenos e as nenas de clase ensináronlles aos seus compañeiros as cabazas para o Samaín que fixeron na casa con seus pais. Estas son algunhas das cabazas.
Antes de que comenzara o Samaín, cando estabamos falando do Outono, leveilles aos nenos unhas cuantas cabazas de moi diferentes formas que despois quedaron pola clase. Observamos as cores e texturas tan diferentes que tiñan e mesturamos témperas para pintar as nosas.
Coas cabazas talladas feitas con papá e mamá para a exposición do Samaín do colexio, fixemos unha sesión de "trae e conta" e explicáronlles aos compañeiros como e con qué estaban feitas....
Neste video están as fotos. Moitas grazas pola vosa colaboración !
Polo Samaín a tradición mandaba decorar cabazas e poñelas nos cruces dos camiños para meter medo. A intención era lembrar aos mortos que se supoñía ían polos camiños no mes de Santos, pero esta tradición, mestura de cristiá e pagá, acabou invadida por unha festa foránea. Na súa orixe, que é europea e non americana, viña dun costume máis antigo dos pobos celtas que consistía en espetar as cabezas dos enemigos vencidos na batalla na entrada dos pobos vencedores...
Como se supón que os pobos van evolucionando (aínda que ás veces vendo como vai o mundo teño as miñas dúbidas...) ese costume de cortar cranios acabou derivando en poñer cabazas: onde vai parar! Máis divertido e mancha menos!
Pintamos con témpera as cabazas, facendo a mestura con vermello e amarelo para que visen como aparecía a cor laranxa que precisábamos. Cada un fixo a súa mestura e por eso cada cabaza ten unha cor diferente. Cando secaron puxémoslle ollos e pintaron narices e bocas, incluso barbas e bigotes...
Neste video están as as cabazas que pintamos.
Noutra entrada porei fotos das cabazas que fixestes cos vosos nenos. Estaban encantados!
A area é un material que fai disfrutar aos pequenos: con ela poden amasar, moldear, trasvasar, pesar... É ideal para desenvolver as habilidades motoras finas e
sensoriais... E ten o aquel de que lles recorda o verán, a praia ... e eso engádelle un valor de relaxación moi importante. Pero co noso clima temos un problema e fai moitos días que non pisamos o patio de area e vémonos na obriga de facer o recreo no porche.
Así que buscamos un sustituto moi interesante: unha area especial que se chama area cinética e que ven de Suecia. Tén un 98% de area na súa composición é un misterioso 2% que lle dá esa textura especial que nos sorprendeu cando a usamos...
(Nós xa a coñecíamos e o curso pasado intentamos fabricala probando diversos ingredientes, entre eles a maicena. Saleunos aréa de lúa que é outra versión máis húmeda, pero esta tiña data de caducidade... Seguiremos probando a ver cal é ese misterioso 2%!)
Aquí podedes ver o ben que o pasamos cando a probamos!
Unha das actividades que realizamos na clase para desenvolver a competencia matemática é traballar coas cores. Cos bloques de madeira que temos, botámolos todos na alfombra e puxémonos a clasificalos segundo a súa cor, por turno e seguindo diferentes instruccións, desde as máis sinxelas de coller un bloque da cor que se lle indica, ata as máis complicadas con ordenes como "colle 1 bloque amarelo, 2 verdes e 1 azul"...
Así, estivemos clasificando todos os bloques e, con algúns nenos, xa engadimos a complicación das formas xeométricas... Despois remexémolas todas e intentamos poñer as distintas pezas de cada cor nunha mesa diferente... aínda que esta tarefa foi máis complicada porque non se daban posto de acordo en cal era a mesa de cada cor: uns colocaban e outros recolocaban... Pero de eso se trataba: de ser capaces de colaborar para levar a cabo un mesmo traballo.