A nosa clase participou co poema "O CARRIZO" de Manuel María na proposta do TENDAL DE POEMAS do Concello e os equipos de Dinamización Linguística de todos os centros de Ames para o Día das Letras galegas..
Tíñamos que escoller ou crear un poema relacionado coa natureza e escollimos este pequeniño sobre un paxaro tamén moi pequeniño. Escribímolo e ilustrámolo entre todos, pero escolleron a Marcos para dibuxar os carrizos porque "debuxa moi ben" ... e despois xa non chegaba a tela!
No video-montaxe están as fotos de como ilustramos e escribimos o poema e de como todos "probamos" o vestido. Estamos moi contentos co resultado: quedounos de diseño!
Dentro das visitas a clase Cristina, a nai de Leo, veunos ler o conto "As xirafas non poden bailar". Un conto editado por Bruño de Giles Andreae que ademáis das divertidas ilustracións de Gay Parker-Rees, fálanos dos respeto polas diferentes capacidades e habilidades que temos. E faino a través de Chufa, unha xirafa que cando na selva se organiza un baile sinte que é moi torpe e non pode facelo.... Ou sí???
Cristina contounos o conto con acompañamento músical que traía no móvil e, co libro, ensinounos distintos estilos de baile. Foi moi divertido!. O conto é tan bonito que non tardamos en mercar un para o cole. Ademáis Cristina regalounos outro precioso libro para clase que se chama precisamente así: "Un libro" de Hervé Tullet, (un artista que nos encanta!) e rematou a visita cunhas galletas de cores que fixo con Leo.
Polo visto(cousas da publicidade, así que hai moito que filtrar....), os Fidget Spinners "son un tipo de xoguetes antiestres que axudan a aumentar a capacidade de concentración e que se comercializan para pacientes con autismo, deficit de atención, ansiedade ou depresión....". Nin máis nin menos, pero xa digo: cousas da publicidade! Esta definición saqueina da Wikipedia e estamos vendo un debate sobre as maldades ou bondades do aparello...
Pero bueno é un xoguete como tantos que está aquí e ao que os rapaces están enganchados, así que porqué non sacarlle partido como material escolar?.
Hoxe Martina trouxo un a clase e quería enseñarllelo a todos: a correr lle dixeron os outros que ESO non se podía traer a clase. Pero díxenlles que si primeiro facíamos as rutinas de entrada con calma, despois deixaríaos xogar co spinner "para aprender".
Foron capaces de agardar e pegueille en cada extremo unha letra... (non é novo: vín algo parecido na rede). Despois fixérono xirar por turno e tiñan que pensar palabras que comezasen pola letra que lles quedase cara fora da man.
Casandra, a nai de Vero, naceu no Perú e cando nos veu visitar trouxonos o conto "Oshta e o duende" da escritora Carlota Carvallo que foi, ademais de artista
plástica, profesora e periodista, pioneira da
literatura infantil do seu país. Os seus contos teñen como escenario territorios da costa, o altiplano ou a selva.
Casandra traía unha presentación en power point ilustrada pola súa irmá coa historia dun neno que vive coa nai no altiplano andino coidando ovellas. A moralexa dínos que debemos obedecer ás nais e non pasarnos de listos se non queremos que nos engane calquer duende... Para o conto invitamos a Angel, o irmán de Vero que está na clase dos maiores e todos atenderon moi ben un conto completamente novo para eles.
Cando rematou a visita buscamos en internet onde está Perú e moita máis información de ese país tan lonxano. Pero creo que o que máis lles impresionou foron as fotos dos tesouros dos incas, que tiñan un parecido coas monedas de ouro de chocolate do tesouro pirata de Jordán (...pero esa é outra historia).
O noso cole sumouse a unha iniciativa mundial para dar as clases ao aire libre, fora das aulas, e recuperar así o contacto coa natureza. Os de catro anos saímosde exploradores cunha plantilla na man, buscamos e marcamos aves, insectos e plantas que ibamos atopando... Iban tan emocionados na busca que algúns "fixeron trampa" xa que querían encher a plantilla a toda costa... e non, non atopamos esquíos, pero sí moitos animais que non estaban na plantilla.
Saímos polo camiño da aldea de Castrigo e cruzámonos con outros compañeiros que tamén se sumaron a esta iniciativa aínda que despois cada grupo colleu rutas diferentes.
Esta iniciativa trata de fomentar o aprendizaxe lúdico empregando a experiencia como parte da formación dos nenos. Fíxose coa intención de concenciar a todos de que os nenos necesitan xogar e experimentar ao aire libre para unha aprendizaxe e desenvolvemento san e completo.
Tamén fixemos a primeira hora a clase de psicomotricidade no patio e pásámolo moi ben sin restricción de espazo....
Estos días traballamos conesta técnica tan interesante do POP-UP para achegarnos ás posibilidades creativas do papel. Fixemos unhas
composicións (sin ver antes a obra de Carter), só con unha premisa,
que era darlle volumen ao noso traballo. De momento só empregamos tiras de cores... Este foi o resultado:
Dentro das actividades do mes do libro visitounos Patricia, a nai de Alessandra que, como é profe de inglés, veunos a contar... e cantar varios libros nese idioma. Unha clase extra de inglés na que Alessandra fixo de axudante.
Como sabe que nos gustan moito, presentounos libros sobre animais e iba facendo preguntas sobre o que estos vían ou oían. "What do you see? e What do you hear?".
Tamén pasou pola clase Susana, que ademáis de ser a nosa profe de inglés é irma de Patricia e tía de Alessandra... co cal podedes supoñer cómo de contenta estaba a nena!
De remate, Patricia leeunos un libro (AGAIN), no que un pequeno dragón que non se cansaba de escoitar contos pola noite unha e outra vez... acaba agotando a súa nai...
No video, ademáis das fotos da sesión, puxen uns anacos dos contos que nos cantou Patricia. Espero que vos gusten!. E moitas gracias Patricia por virnos visitar!
Visitamos o Museo Granell en Santiago e acabamos convertidos nun cadro surrealista nunha xornada moi divertida na que combinamos unha saída escolar, co arte e o coñecemento do contorno. Preparamos a excursión na clase facendo un "mapa" do percorrido e dos puntos máis interesantes a ter en conta: viales, rotondas, edificios, sinais, pasos de cebra, fontes e finalmente a praza do Toural e o pazo de Bendaña onde está ubicado o Museo.... Collemos o bus con moita ilusión e fomos sinalando ademáis un "percorrido emocional" (aquí vivo eu, esa é a casa dos avós, alí traballa miña nai.... e moitos puntos non xeográficos polo estilo). O chofer deixounos diante da igrexa do Pilar e cruzamos cara a Alameda onde vimos os estanques dos patos e merendamos nos bancos.
Despois cruzamos na Porta Faxeira e chegamos á praza do Toural onde buscamos o edificio do museo que xa víramos nas fotos en clase. Para atopalo buscamos nos tellados a estatua do xigante Atlas levando o peso do mundo.
Cando entramos recibeunos Edu que nos conduxo polas escaleiras deste pazo dos marqueses de Bendaña do século XVIII ata as salas superiores onde nos contou a historia de Eugenio Granell e o seu exilio polo mundo fuxindo de dúas guerras...
Edu mostrounos algunhas das súas obras e a mesa onde se gardan os pinceis cos que as creou... Logo falamos do mundo dos soños e vimos a exposición de Philip West e, axudados por estudantes de Belas Artes en prácticas, interpretamos algunhas das súas obras...
Unha sorpresa que me fixo moita ilusión, foi que Xiana, unha destas alumnas de Belas Artes, foino tamén miña en infantil!. É moi emocionante para un mestre ver os que foron os seus pequenos realizando os seus soños. Bicos e boa sorte Xiana!
Despois de ver algunhas salas do Museo, pasamos ao taller e alí interpretamos unhas manchas que tiñan xa preparadas, empregando a imaxinación... xunto con lápices, ceras e recortes de fotos.
Como remate final, e moi divertido, convertímonos en obras de arte, sendo os personaxes dos cadros. Grazas a todos por facernos tan agradable a visita. Aprendimos moito e pasámolo xenial!
Tam é unha nena salvaxe que vive cos seus amigos os animais e na obra JUNGLE FEVER da compañía Face to Face seguimos as súas aventuras na selva con humor e cancións en inglés. Fomos en autobús (que sempre é un valor engadido porque nos encanta ir sinalando por onde pasamos: as nosas casas, as dos avós, onde xogamos e por onde paseamos...) e chegamos ata a Casa de Cultura de Bertamiráns.
Coa actriz que representaba a Tam bailamos e cantamos e practicamos o inglés que sabemos...
E como nos sobrou tempo ata que viñeron os buses achegámonos ata a praza de Chavián e xogamos no parque: pasámolo xenial!
Decoramos con gomets os paquetes cos libros que fixemos en clase de 4 anos no segundo trimestre. Cada un creou o empaquetado empregando as pegatinas de cores según o seu criterio.