venres, 17 de abril de 2020

Receta de biscoito con Maeba

  Maeba escribeu a receta do biscoito de chocolate que fixo o outro día. Fixo o listado de ingredientes. Esa é unha das propostas que fixemos, escribir recetas, listas da compra... Así conseguimos que vexan a utilidade da escritura na práctica. Gracias Maeba: tiña moi boa pinta!


 ...e mandounos tamén a receita orixinal. É moi sinxela e divertida de facer!


xoves, 16 de abril de 2020

O CORONAGOFRE de Jhon E.

  Jhon. E cóntanos que traballa moito coas tarefas de casa, que tamén practica a lectoescritura e está a facer moitas das experiencias propostas. Un día fixeron  gofres para almorzar... Dí Lía que para o derradeiro non lles chegou a masa e saleu así e que Jhon E. dixo:"anda mira un CORONAGOFRE!!!".   
 
Un collage de debuxos q está facendo na parede da habitacion. Tamén xogan xuntos a diario: ao memori, dominó, quebracabezas... Plantou  frijoles, garavanzos e lentellas e medráronlle moito. 

  E outro collage e uns video-tutoriais facendo unhas botellas sensoriais co q tiñan pola casa.
  
 


 Ademáis mándanos unha foto dun boniato: botoulles unha boa medra!. É unha planta algo lenta para agromar, pero cando o fai non para de medrar. O que tiñamos na clase o curso pasado chegou ao teito e extendíase polos cordeis de poñer as fichas a secar nas ventanas... É unha trepadora que se vai agrarrando a calquer soporte por uns zarcillos que bota polo tronco... pode ser espectacular!. Aínda que este... acabou no plato! 😋 ñam!

 

martes, 14 de abril de 2020

Actividades sensoriais para o 3ºT



 Son actividades e experiencias para traballar cos sentidos e están seleccionadas tendo en conta as que podemos facer cos materiais dos que dispoñemos con facilidade nas casas durante o confinamento.
 
As imaxes que vos busquei explican bastante ben o que se pretende.
 Algunhas delas posibilitan o pensamento científico: que vai pasar si…? Porqué pasou esto?
Outras xuntan experiencias co xogo e a creatividade, permitindo desenvolver a imaxinación dos nenos…
 Non hai unha secuencia, nin se teñen que facer todas... Espero que pasedes un rato divertido con elas. 
 
(tedes acceso ao PDF  onde están desde a web do cole e desde Agueiro)

Tamén están subidas as rutinas a seguir.

O castelo de Lola

  Lola está feita unha arquitecta: construeu  este imponente castelo para Rapunzel e despois decorouno. Empregou unha enorme caixa e algo de axuda para ensamblar a estructura. Ten almeas, fiestras, porta con manilla para entrar... Está xenial!. Agora pode xogar a representar o conto!.
 
 Xa sabedes: unha caixa... nunca é só unha caixa. E por se non o coñecedes aquí vos poño un enlace a este conto de Antoinette Portis que tamén temos na clase: "NO ES UNA CAJA"



luns, 13 de abril de 2020

Trucos de maxia... e saúdos de Lia desde a volta ciclista!

 De novo Lia quere compartir cos seus compañeiros algunhas da scousas que está a facer. Esta vez creou un xogo de cartas de memoria recortando e debuxando cartulinas. Conta Lupe que lle encanta Piktureka, un xogo de mesa para máis maiores no que hai que traballar a memoria e a atención e  no que se fixo tan experta que xa lles gaña aos seus pais!
 E outro día fixo un disfraz de robot con Manu. Encantoulle o de Martín e quixo facer o seu. Sana competencia!
 
Tamén nos manda un video con un truco de maxia. A ver si conseguides adiviñar como o fixo!!!😉


  E tamén fai moito exercicio coa axuda de seu pai, que lle arranxou a bicicleta para convertila nunha bici estática.  Así nos manda este saúdo para os compañeiros!. Aínda que tamén fai a volta ciclista correndo polo piso, esquivando mobles... e imaxino que tamén a Jan! Unha idea xenial!👏👏  

 Moitas gracias polos saúdos!


Pedro estivo moi ocupado!

 Os pais de Pedro cóntannos as actividades que realizou durante o tempo que levamos de confinamento. Ademáis de xogar moito, estivo ocupado con algunhas das propostas  que lles fixemos:
  • Facer  a lista da compra, para eso recortou imaxes e escribeu os nomes.
  • Tamén axudou na casa: por exemplo aquí estivo facendo zume de laranxa e limpando pementos. E despois recolleu e plantou as sementes!. A ver que tal lle medran! 


  •  repasou letras, grafismos e números, tamén fixo series pegando pasta e arróz...
  •  decorou dibuxos empregando a técnica do collage...
 
  •  pintou con témpera e ceras. Tamén fixo actividades do conto da eiruga larpeira...

A forza do vento!

 Cando comezou o aillamento díxenvos que ademáis do que vós me enviárades, tamén iría subindo algunhas fotos de actividades de clase que me quedaran sin poñer. Estas son dunha saída que fixemos os ultimos días para ver unha árbore que arrancou o vento no patio de primaria. (Qué non daríamos agora porque viñese outro vento que levase por diante a pandemia e poder volver a estar todos xuntos!).



  Pedímoslle aos que o retiraron que nos cortase uns cuantos anacos para ver os aneis de crecimento e despois levámolos para clase... E alí quedaron, esperando por nós!


sábado, 11 de abril de 2020

Abril e Vera: guerreiras e científicas!

 Unhas fotos de Abril axudando a Vera cos seus proxectos de Ciencias. Fixeron un muiño de vento,
  ... e un sistema respiratorio de plastilina. 

  E vese que tamén o pasaron xenial disfrazándose de "guerreiras das pinzas" e facendo  croissants recheos  de xamon iork e queixo. 
 
 Tempo para investigar, para axudar na cociña e para investigar. E sobre todo facéndoo como un gran equipo!

venres, 10 de abril de 2020

Traballando e axudando na casa con Martín

Martín quere mostrarnos o atarefado que anda estos días: practicando coas tesoiras, decorando  dibuxos con virutas de cera...
 Tamén axudou moito na casaregando as plantas e lavando os coches... 

 Estos días tamén dedicou un tempo para xogar ao dominó de puntos e de animais... e logo unha merenda sana despois de tanto traballo!
 E como non: reservar uns momentos para facer exercicio saltando nos charcos, cousa que seguro moitos nenos lle envexan nestos momentos... Cando volvamos saltaremos todos nos charcos!
.... e un tempo tamén para practicar coa batería!

xoves, 9 de abril de 2020

Da cociña á perruquería con Maeba

Maeba e Gael quixeron compartir con nós estas imaxes facendo un biscoito con pepitas de chocolate: Ten unha pinta deliciosa!. Agora só nos falta  a receta escrita para copiala!😉

  Tamén fixo un tríptico dibuxando e recortando árbores, flores e paxariños e unha sesión de perruquería  onde  practicou coas tesoiras.
Para a sesión de perruquería, reciclou rollos de cartón, pegoulles tiras de papel, e dibuxou e pegou caras de revistas. Despois arregloulles os pelos!
 

sábado, 4 de abril de 2020

Os sete canciños de Telmo

  Telmo mandounos fotos da tarefa que lle encarguei: escribir unha lista cos nomes dos sete canciños que nos ensinou na entrada anterior. E ademáis dibuxou a Calcetines. Moi ben para Telmo e para Elsa que o axudou!.

Unha árbore de sumar con Jhon E.!

   Jhon E. quixo compartir con nós unha árbore de sumar mazás. E ademáis reciclou tapas. Mandou dous pequenos videos para explicarnos como fai e despois escribe o resultado.