Na clase de música coa profe Carla, os nenos traballan moito con cancións de artistas galegos, tanto para potenciar a nosa lingua como para fortalecer a linguaxe xestual e incluso de signos. Aquí están interpretando "A que sabe a lúa?". Os nenos e nenas amosan nestos videos o que disfrutan interpretando e cantando cancións coma se de un xogo se tratase. A fin de contas, diso vai o tema: de aprender xogando e cantando. Esperemos que disfrutedes tanto coma eles.
Páginas
martes, 9 de marzo de 2021
domingo, 7 de marzo de 2021
Scavengers na Maía!
Tamén vimos que ao ter que escribir no chan os folios non eran a mellor opción... Na saída que fixemos despois solucionamos este problema: xa veredes como!
martes, 2 de marzo de 2021
Retratos: iguais pero diferentes!
E así nos quedaron os retratos.
martes, 23 de febreiro de 2021
"Nada pode deter a marcha dos meus pensamentos..." Rosalía de Castro
Unha gran variedade de espectativas como podedes ver. O noso cartel está no centro de Bertamiráns: a ver si o atopades! Buscade tamén os outros poemas. (E mandade fotos ao correo da clase).
Investigando pola rede para buscar poemas, fotos e ilustracións de Rosalía atopamos unha de Eva Casais que nos gustou moito e outra na que está representada como astronauta. Vimos que a 240 anos luz unha estrela leva o seu nome e un planeta que orbita ao seu redor chámase Río Sar desde o ano 2019. A luz de Rosalía!
"AS ESTRELIÑAS TODAS QUE ALÓ NO ESPAZO ESTÁN,
SORRINDO NOS MIRABAN CON SOAVE CRARIDÁ."
sábado, 20 de febreiro de 2021
O ano das máscaras!
mércores, 17 de febreiro de 2021
As pantaias dos boteiros
O BOTEIRO leva unha máscara tallada en madeira de bidueiro e de cor negra, coroada por unha gran pantalla de formas xeométricas feitas con cintas de cores. A nosa é de papel e sustituimos as cintas por bolas de papel de seda.
O traxe dos boteiros está composto por:
• Unha camisa de cores feita con cintas cosidas en acordeón.
•Un pantalón con flecos nos laterais.
•Un cinto con cencerros.
•polainas negras de coiro e botas negras.
• e leva un pao cun rabo de raposo que emprega para dar saltos.
Así quedaron as pantaias dos nosos boteiros.
domingo, 14 de febreiro de 2021
Seguimento dos bulbos de xacinto
Tamén comprobamos que as de cor violeta eran moito máis grandes que as de cor rosa. Pero todas perfumaban a clase co seu olor!. Só tivemos un percance con unha persiana e aínda así dou flor. A que parecía ter mala sorte era a de Lola, que non medraba. Cambiámola por outra que tíñamos por si acaso (sempre hai que contar cos imprevistos para evitar disgustos), e as follas medraron moitísimo, pero a flor murchouse na base. Así que volvimos coller outra de reposto para trasplantar e por fín Lola tamén tivo o seu precioso bulbo rosa!.
Estivemos levándoas para casa desde o 25 de xaneiro hasta o 10 de febreiro!. Ao final do video do proceso están cada neno co seu xacinto o día que o levaron.
domingo, 7 de febreiro de 2021
Un paseo polo río Ameneira
Fai uns días fixemos unha nova saída. Estrenamos camiño e atopamos no medio do monte o río Ameneira, moito máis impresionante que cando atravesa pola aldea de Castrigo. Unha nova ruta cerca do cole de máis de 2 km. Seguimos o seu curso nun entorno espectacular cheo de musgos, liques, carballos e ameneiros... o canto dos paxaros, o murmurio do río e, como non, as voces "emocionadas" dos rapaces a cada paso que dábamos 😇
Tamén atopamos o chan cuberto de prímulas que indican o final do inverno e de ranúnculos e botóns de ouro que anuncian que se está achegando a primavera... Foi unha clase de coñecemento do medio inmersos na Natureza. Ademais dunha boa camiñata!
venres, 5 de febreiro de 2021
Por San Blas, a cegoña verás!
A Candelaria: cando casan os paxariños.
O día 2 de febreiro celébrase o día da Candelaria. Ven sendo unha festa relixiosa, pero ten un orixe pagano moito máis antigo e fai referencia ao achegamento da primavera e aos ritos de fertilidade. Tamén hai un refrán que dí que "cando a Candelaria chora, medio inverno vai fóra, que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar".
Según a tradición galega é cando "casan os paxariños", así que na clase buscamos imaxes na rede, vimos como algúns bailaban para escoller parella e escollimos paxariños que pintamos e pegamos polo corredor.
xoves, 4 de febreiro de 2021
Paseando polo monte en xaneiro
O último luns de xaneiro, aproveitando que asomara o sol, fixemos unha das nosas saídas pola contorna. Saír da aula para fomentar a capacidade de observación e aprender sobre a Natureza e o medio meténdonos neles. Esta vez deixamos Castrigo e fomos na dirección contraria, cruzamos polo paso de peóns, revisando e respetando as sinais de tráfico e chegamos ao monte. O primeiro tramo, entre algunhas casas aínda en obras, sorprendeunos pola cantidade de restos de estas: cemento, ferros, plásticos... moito lixo, hasta colgado das árbores. Parecía unha pantasma: a da contaminación!. Pero despois chegamos a unha zona máis interesante O primeiro que atopamos foi un niño de velutinas que caera coa forza do vento. Canto traballan estos bichos!. Atopamos un regato que nos chocou, xa que por un lado estaba "canalizado"
daquela maneira e polo outro mantiña o seu bonito aspecto natural orixinal.
mércores, 3 de febreiro de 2021
Mensaxes para o Día da Paz
Despois escribímolas nas mans de cartulina e pendurámolas no patio de area. Como a fin de semana veu o temporal o máis probable e que moitas das mans voasen por Bertamirans adiante: outra maneira de transmitir o noso mensaxe pola paz!










































