domingo, 29 de xuño de 2014

FESTA PIRATA

O derradeiro día de cole fixemos unha GYMKANA PIRATA cos nenos: axudados por Adela e Mateo, dous alumnos de 6º  que viñeron disfrazados de piratas, recorremos o patio pasando varias probas para conseguir o BOTÍN. Cada clase levaba unha banda de cor diferente na cabeza para recoñecer as distintas tripulacións: As tripulacións de 9 barcos piratas  e 6 probas para cada clase, en tres patios diferentes!. Estas foron as probas que tivemos que superar:

  1. Buscamos pistas: localizamos e contamos 5 pedras, 5 paos, 5 follas e 5 sementes  que arroxamos no volcán.
  2. Como bos piratas fomos a cazar loros: primeiro con arcos e frechas que era moi dificil ... e despois a pelotazo!
  3. Logo cruzamos un pantano infestado de animais perigosos empregando zancos: era moi dificil!
  4. Aplastamos arañas xigantescas (estoupamos globos a pisotóns!). Esto dousenos xenial!
  5. Pescamos peixes nun océano cheo de tiburóns: é decir un barreño cheo de auga!
  6. E atravesamos unha selva (para eso valeunos o césped do fondo do patio que leva todo a ano sin cortar ... ) para intentar atopar unha pedra de ouro que nos indicaría onde estaba o mapa. Foi Rubén quen  atopou a pedra.   
   Finalmente Adela e Mateo déronnos un mapa do tesouro que nos levou dentro do cole. Alí a profe Arancha  entregounos o noso botín: unha caixa de caramelos e moedas de ouro (que nos comimos na clase... xunto coas provisións que nos mandástedes de casa para compartir. Chegamos agotados a clase....Repartimos as moedas de ouro e os reloxos que lles trouxen como botín!...e asaltamos o barco da comida porque tiñamos unha tremenda fame de piratas!!!        

premer AQUÍ  para ver as fotos da festa pirata
E despois de todo esto: deséxovos que pasedes un bo verán!!!
Vémonos en setembro!


sábado, 28 de xuño de 2014

DÍAS DE LEITUGAS: A NOSA COLLEITA

   Na derradeira semana de clase fixemos as nosas "XORNADAS GASTRONÓMICAS" e comemos as leitugas que plantamos na horta. Totalmente ecolóxicas!. Fixemos a primeira colleita durante a visita de Manuel o pai de Xabi e ese día comemos algunhas, pero como tiñamos moita e tivo tanto éxito, deixamos unhas cuantas na neveira. O seguinte día, xa limpas e es escollidas as mellores follas de leituga, os nenos prepararon e aliñaron a ensalada entusiasmados e logo comérona toda. Igual que a primeira vez, trouxenlles tomatiños cherry, xa que os nosos non medraron a tempo, aínda que estos días pasei pola horta para revisalos, atar e podar os que siguen medrando... e xa temos uns cuantos!. Na horta quedaron tamén as cebolas, os allos e as patacas que colleremos á volta de verán se temos sorte.

   DESDE A HORTA AO PLATO

  Facer unha horta foi unha experiencia moi enriquecedora, divertida e fantástica ao longo do curso, na que vimos de onde veñen os alimentos que comemos a miúdo.  

premer AQUÍ para ver as fotos
os chefs...
os larpeiros: todos ...e todas!
as gastrónomas...


os tomates da nosa horta!
 

venres, 27 de xuño de 2014

COLLENDO LEITUGAS CON MANUEL E XABI

   A semana pasada visitounos Manuel o pai de Xabi. Trouxonos sementes de moitas especies forestais (piñeiros, freixos...). Viña todo equipado con macetas pequenas, etiquetas para poñer nas plantas, etiquetas cos nomes das árbores... e traía ademáis un montón de ideas que imos gardar para o curso que ven!. A nós na clase e a  mín en particular encátanme as actividades relacionadas coas árbores, a horta e o xardín (non sei si e me nota jeje) xa que é o xeito para que os pequenos se acheguen á natureza, o seu coidado, coñecemento e respeto. E Manuel veu cargado de entusiamo así que á volta de verán imos facer máis actividades relacionas con esto.

     Xabi estaba encantado co seu papá na clase e o resto dos nenos e as nenas tamén, fomos á horta e rematou de podarnos o seto das camelias polo alto. Axudaron a recoller as podas, regamos e despois RECOLLIMOS UNHAS CUANTAS LEITUGAS que levamos a clase, preparamos, aliñamos e COMEMOS!. Non quedou nada. ESTABA RIQUÍSIMA!. E hasta a comeron algúns que me dixeron que normalmente non a comen nin na casa nin no comedor: será que as de colleita propia están máis boas!

PREMER AQUÍ PARA VER A VISITA DE MANUEL E A "PRIMEIRA XORNADA GASTRONÓMICA"


martes, 24 de xuño de 2014

O PAI DE SERGIO NA CLASE

 A derradeira semana,  o pai de Sergio veunos visitar a clase. Viña un chisco apurado xa que traballara pola noite, pero deseguida se puxo a contarnos cousas, entre elas que a súa familia ven da Illa de Arousa e como é o seu traballo en Correos. E xa nos picou o gusanillo para o curso que ven cando falemos das profesións!. Todos estaban moi emocionados e Sergio estaba que non cabía en sí. Primeiro presentáronse todos por si houbese alguén a quen aínda non coñecese. Logo veu con nós á hortiña e os pequenos ensináronlle as leitugas, tomates, allos e cebolas. Regamos os porrales  e, como Dani é moi alto, "aproveitámonos un chisco" e puxémolo a podar o seto das camelias por arriba... e todos lle axudaron a recoller as polas. Non había polas para tanto axudante!. Rematamos a clase dibuxando a Dani (todos o puxeron con gafas) e regaláronllo para levar a casa. 
Unha mañá moi divertida e todos o pasaron moi ben co pai de Sergio.
 Moitas gracias Dani por vir a clase!
Premendo en este kizoa vedes as  fotos de como nos foi a mañá!

mércores, 18 de xuño de 2014

SIMULACRO DE INCENDIO

   Onte realizamos o simulacro de incendios incluido no Plan de Autoprotección que se ten que levar a cabo en todolos centros. Nós plantexámolo como un xogo, para que lle perdesen o medo, pero o bastante en serio como para que se decatasen  da finalidade do simulacro. Cando sonou a alarma, puxémonos en fila, pechei as ventanas, apagamos as luces e, xa listos para saír ...vimos a Emma tranquilamente sentada rematando o seu dibuxo!. Puxémola coma un foguete na fila e saímos deixando a papeleira diante da porta para indicar ao encargado de planta que esta aula xa estaba lista. 
  Realizamos a evacuación moi rápido (seique en catro minutos!) e, cando estabamos xa reunidos cos alumnos de primaria no punto de concentración, chegaron os bombeiros: entón foi cando algúns dos máis pequenos chegaron a pensar que o lume podía ser real e levaron un sustiño... Despois, cando entraron os bombeiros no pavillón, xa perdemos medos, vergonzas e reparos... Falaron cos bombeiros, que nos deixaron probar o casco, despois demos voltas para ver de cerca os camións e rematamos falando coa policía que controlaba o simulacro.
premer aquí para ver as imaxes do simulacro


xoves, 12 de xuño de 2014

VISITANDO AS HORTA URBANAS DE BERTAMIRÁNS

 O xoves visitamos as hortas urbanas de cultivo ecolóxico e sostible de Bertamiráns. Unha visita que os nenos esperaban ansiosos e que por causa da choiva xa fora posposta. Abreunos a porta Rita, a nai de Iker, e xunto con varios dos propietarios das parcelas que estaban por alí traballando ensinounos o que cultivan. Rita, Arturo, Carlos e os demáis recibíronnos con moita paciencia e amabilidade xa que eramos máis de 70 "invasores" ( o que supón 140 pes pisando por onde podían), pero parece que tivemos bastante coidado!.
Quedamos pasmados da cantidade e variedade das verduras e hortalizas que tiñan.  Xa coñecían os tomates, leitugas e cebolas, porque as plantamos na nosa hortiña, pero de outras tantas moitos non sabían nada: chicharos, allo-porros, repolos, fabas... Ensináronnos as plantas aromáticas, das que coñecían a menta e o perexil, pero tamén viron, tocaron e uliron albahaca, tomillo...  Despois entrounos a fame e cruzamos o rio ata o parque, merendamos (tanto falar de verduras para comer, vese que lles dou fame! nada máis chegar xa escoitamos: "cando comemos, cando comemos???"). Despois xogamos un bó rato hasta que nos  chegou a hora de volver.  



       Os alumnos de ed. infantil teñen que acadar  competencia no cóñecemento e interacción co mundo físico. Eso conséguese mediante actividades que potencien o contacto con determinados aspectos naturais e ten relación directa cunha das áreas máis importante neste ciclo: o coñecemento do contorno.  Os espacios exteriores ofrecen ao neno a posibilidade de empregar materiais e obxetos  non habituais na escola e na casa (pedras, animais, plantas…) que fomentarán una cualidade imprescindible para o traballo nas ciencias: A CURIOSIDADE. A chave do método científico, que se non se consegue acadar nas primeiras etapas, difícilmente dará froito nos traballos dos futuros investigadores.

 En este kizoa póñovos as fotos da visita.
Gracias a todos os propietarios que nos ensinaron as súas hortas 

premer aquí para ver a presentación


luns, 2 de xuño de 2014

VISITA A FEIRACO: DE ONDE VÉN O LEITE?

  Fai uns días fomos de visita á granxa que Feiraco ten en Mazaricos (máis de 500 vacas). Na viaxe os nenos estaban impacientes e algúns non pararon de contar os camións do leite cos que nos cruzábamos. Cando chegamos recibironnos dúas monitoras máis o escritor Kike Mauricio e o ilustrador Carlos Taboada, que nos contaron o proceso do leite desde as vacas hasta as nosas casas. Explicáronnos como se muxen as vacas, o paso ao tanque de frío e despois o proceso de calor no que se destruen as bacterias e logo o envasado. Empregaron o enorme mural que teñen na granxa e o conto do que ambos son autores: De onde vén o leite?. E contaronnos tamén o conto da vaca Chenoa.
   Ademáis, como xa vos dixera, ensináronnos a debuxar vacas e despois fomos a velas. A maioría quedaron "sorprendidos" polo olor e polo tamaño, xa que a gran maioría nunca vira vacas tan de preto... Pero o que máis nos gustou foi que  pudemos darlles o biberón os cuxos! E costounos arrancar de xunto aos pequenos...

domingo, 1 de xuño de 2014

APRENDEMOS A COSER CON SOLE

   O venres visitounos Sole. Clara estaba toda emocionada xa que súa nai iba a enseñarnos como se fai unha saia de princesa e un pantalón de príncipe. Trouxo unhas teas preciosas: tafeta e organza bordada de cor vermella, satén azul e unha cinta que os deixou boquiabertos! (sobre todo cando dixo que nos deixaba na clase o que sobrase...). Sole traía os patróns en papel e explicounos a importancia do traballo do patronista: tomar ben as medidas e  cortar polas marcas para acertar coas tallas e que a roupa sentase ben. Contounos que agora moitas cousas fainas o ordenador: dibuxar os patróns, cortar nunha mesa enorme, coser...
    Logo fixo as pezas, cortounas e coseunas de paso que nos explicaba todo proceso hasta que se fai a primeira proba na modelo, que en este caso, por suposto, foi Clara. O resultado foi unha saia preciosa de princesa e uns pantalóns de satén que lles encantaron. Despois dibuxamos a sesión e nos dibuxos empregamos anacos de teas e a "cinta de diamantes" que decían eles. Aparte das xoias, tivo moito exito a organza bordada xa que con ela fixeron pelos, bolsos, flores, e vestidos....
   
Pasámolo moi ben e disfrutaron moito empregando as teas.   
                               Moitas gracias Sole!

    En esta presentación  podedes ver as fotos da sesión e os debuxos con iniciación ao deseño que fixeron...
premer AQUÍ para ver as fotos

mércores, 28 de maio de 2014

VISITA DE SUSI: LETREIROS CO NOME

   O venres tivemos de visita Susi, a nai de Rubén, que nos trouxo unhas manualidades para facer cos nenos, porque dixo que lle gusta moito facer este tipo de actividades. A verdade é que pasou un traballo incrible xa que viña cunha bolsa preparada para cada un coas letras do seu nome recortadas en goma eva: eles tiñan que ordenalas, pegalas nunha cartulina e logo decoralas. Eu recordei que tiña pola clase unhas pegatinas de xoaniñas, abellas e outros animaliños e tamén llelos puxeron... Tamén lles puxeron limpapipas para facer os ganchos dos colgadores. Quedáronlles uns letreiros preciosos que podedes ao final da presentación que fixen coas fotos da visita. Rubén estaba bastante máis que emocionado (xa levaba así toda a semana e sigueu inflado coma un pavo despois que marchou súa nai) e todos quedaron encantados coa visita de Susi e cos seus letreiros para poñer na porta da súa habitación.    Moitas gracias Susi!


premer AQUÍ para ver as fotos da sesión e os colgadores

domingo, 25 de maio de 2014

VACAS... CON KIKE MAURICIO E CARLOS TABOADA

    E, o xoves, durante a visita a granxa SAT Busto Corzón de Mazaricos, pudemos coñecer a KIKE  MAURICIO e a CARLOS TABOADA, autor e  ilustrador do conto "de onde ven o leite", que nos contaron a súa historia nos enormes murais que decoran a explotación gandeira que Feiraco ten en Olveira. Despois contaron e debuxaron para nós o conto dunha vaca namorada e logo CARLOS ensinoulles aos nenos e nenas a debuxar vacas... paso a paso.

PREMER    AQUÍ    PARA VER A SESIÓN CON CARLOS E KIKE 
 E AS VACAS QUE DEBUXARON OS NENOS
esta fermosa obra sobre O Principiño é a cabeceira do blog de Carlos Taboada   


premer AQUÍ  para entrar no blog do ilustrador  Carlos Taboada

VACAS ESTILO WARHOL NA MAÍA

   Unha das actividades previas a visita que fixemos a granxa de  Feiraco para aprender "de onde ven o leite", foi: PINTAR VACAS... ESTILO WARHOL. Vimos varias obras deste artista americano, unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop, entre eles os famosos retratos de Marilyn, comentámolos e despois  intentamos colorear as nosas vacas empregando distintas variedades cromáticas.

   Este foi o resultado do noso traballo: unhas coloridas VACAS ESTILO WARHOL que temos expostas na entrada do colexio.

PREMER AQUÍ PARA VER AS VACAS

domingo, 18 de maio de 2014

TEÑO LINGUA, FALO GALEGO

    
   O día 17 de maio celebramos en Galicia o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano se dedica a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. Como xa vos contei aprendimos cousas da súa vida e do que quixo decir co seu poema PENÉLOPE.  Durante este mes tamén participamos na realización dun lema para facer chapas para todo o colexio. Na nosa clase escollimos o lema "O GALEGO É DIVERTIDO" (que nos dixo Iker) e a gañadora foi unha alumna de segundo de primaria con: "TEÑO LINGUA , FALO GALEGO".    O venres 16, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística, despois do recreo xuntámonos os nenos de infantil por niveis e bailamos E SALTAMOS na sala de Psicomotricidade coa canción do novo disco de Paco Nogueiras,  BRINCA VAI !: Meu o mundo é . (É unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", editado por Kalandraka composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo).

    EN ESTA PRESENTACIÓN PODEDES VER A SESIÓN:
 
premer para ver o que fixemos
  
NESTE KIZOA VEDES OS DIBUXOS QUE FIXEMOS PARA AS CHAPAS:
PREMER AQUÍ

  E   ESTE É O VIDEO DE PACO NOGUEIRAS QUE TANTO LLES GUSTOU: