Esta historia permiteunos falar dos soños, dos pesadelos e dos medos que todos temos ás veces... Ademáis a profe Sandra consigueunos un montón de preciosas chaves, púxenlles un lazo vermello para non perdelas (as de Adele son azules) e cada un escolleu unha para poñer baixo a almofada. Espero que funcionen e teñades bonitos soños!
Páginas
luns, 7 de novembro de 2022
"As chaves dos soños" de Ana Meilán
domingo, 6 de novembro de 2022
Intercambios na Biblioteca
Observando un bicho pao
Fai varias semanas apereceu na porta da miña casa un bicho pao pequeniño. Metino nunha caixa e prepareino para levalo a clase: follas tenras, auga... Estivo nas clases dos maiores que averiguaron que prefire comer follas de silveiras e que pon tres ou catro ovos case cada día. E ata o de agora virouse máis grande. O venres leveino á nosa clase e ímolo coidar varios días para poder observar este insecto tan peculiar.
Observando os xacintos
Imos comezar unha experiencia que require que sexan observadores... e pacientes. A profe Sandra trouxonos uns bulbos de xacintos de tres cores: morado, rosa e branco. Puxemos cada un en auga na súa xacinteira de cristal, para que podamos ir vendo como lle van saíndo as raices. Algúns xa se decataron que os podíamos distinguir pola cor das súas peles. Agora só queda esperar!
mércores, 2 de novembro de 2022
Celebrando o Samaín na clase!
martes, 1 de novembro de 2022
Dioramas de Samaín e fantasmas!
Orixe do SAMAÍN: (anterior ao Hallowen!)
O Samaín deriva da palabra gaélica Samhain ("fin do verán"), a festa celta que conmemora o cambio do verán ao inverno, celebrando a fin da colleita e o día do fin do ano celta, que era o noite do 31 de outubro ou “noite dos calacús”, unha celebración especial na Europa pagá antes do cristianismo. Foi cristianizada cos días de santos e difuntos, nos que mostramos o respeto polos nosos devanceiros. As cabazas ou calacús iluminados nos cruces dos camiños tamén sustituiron aos craneos dos enemigos postos en picas ás entradas dos poboados celtas...
Esta noite conmemórase o paso da luz (verán) á escuridade
(inverno): un momento máxico no que, durante unha soa noite, permaneceron
abertas as portas do máis alá, que era utilizada polas almas dos defuntos para
visitar o mundo dos vivos. É esta procesión de espíritos a que dou lugar a
lendas tipicamente galegas como a da Santa Compaña.
domingo, 30 de outubro de 2022
Espuma e garbanzos!
mércores, 26 de outubro de 2022
Retratos en outubro
Estivemos facendo uns retratos con rotus e ademáis escollimos na caixa das pegatinas a que máis se axeitaba ao noso estado de ánimo nese momento, así que tamén falamos das emocións. Casi todos escolleron expresións nas que estaban contentos e felices. Estes retratos, nos que faltan algúns compañeiros, podemos ilos comparando cos que fixéramos a principio do curso pasado e cos que seguiremos a facer para ver a súa evolución.
martes, 25 de outubro de 2022
"As chaves dos soños" con Ana Meilán


luns, 24 de outubro de 2022
Unha sesión de ioga
Saímos a disfrutar das cores do outono
Xa fai uns días que por fín estou de volta, así que reanudamos unha das nosas actividades favoritas: facer saídas polo entorno para ver de primeira man os cambios estacionais e como afectan ás árbores. Puxemos as botas de auga para disfrutar sin mollarnos e acompañados de Sandra cos seus nenos e de Isabel, collimos camiño do Instituto. Alí pasamos baixo os carballos do xardín da entrada, onde xa estaba o chan cuberto de landras (que por suposto fomos apañando...;)
venres, 1 de xullo de 2022
Á nosa árbore estilo Ibarrola... unha intervención artística na Maía
Como nos estaban quedando unhas cortezas moi coloridas, faleilles dun artista que tamén lle dera cor ás árbores: Agustín Ibarrola, pero que o facía empregando brochas e pinturas. Tamén buscamos na rede fotos das súas obras, sobre todo da máis coñecida: "o bosque de Oma".

.jpg)









.jpg)
.jpg)



















