Cóntame Nuria que Iago está a facer moitas cousas estos días. Tódalas noites aproveitan ese momento antes de
durmir para ver algún dos contos que enviamos e, aínda que moitos xa os viu 3
ou 4 veces, encántalle velos de novo e despois recórdaos para facer as fichas.
Observaron o ciclo da auga a través da bolsa que colgaron na fiestra: viron como se evaporaba e empañaba a bolsa e logo viron as pequeñas pingas de auga. Esta experiencia sirve ademáis para explicarlles que a auga non é un recurso ilimitado: sempre é a mesma e por eso temos que coidala!.
Levou diariamente o rexistro do tempo, e agora podemos ver moi ben documentado como foi o mes de abril: catro días de sol!.
Fixo un gran traballo de observación e descripción cos insectos que lle andaban polo xardín: lagartixas, escaravellos das patacas, xoaniñas e mosquitos.
Seguiron coas propostas e fxeron una botella sensorial con purpurina azul. Tamén copiou a receta e fixo un debuxo do doce que lle axudaron a facer a avóa. Aquel flan con biscoito que tiña tan boa pinta!😋
E xogaron a formar palabras coas sílabas recortadas.
Como tamén se ten que traballar co corpo dedícalle parte do tempo a xogar coa pelota: por suposto coa camiseta do Real Madrid, que é o seu equipo favorito. E por fín pudo saír a tomar o aire fresco, con responsabilidade, xa que Iago tamén está bastante concienciado
co uso da mascarilla. 😷
.........................................................................
💓👉Transmítovos unha mensaxe da súa parte: "Parabens a todos os
compañeiros e compañeiras que cumpren anos nestes días, esperamos que a
pesares das circunstancias poidan disfrútalos coas súas familias".💋
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!