sábado, 9 de maio de 2020

Patacas, máquinas de xogo e lacasitos con Martín

Martín estivo atarefado con moitas das propostas que fixemos: a botella con virutas de cores na que mesturou auga, gel e colorante, a ficha na que se fai unha descripción númerica dos nenos,
A foto das patacas, que plantou e que xa lle medraron un montón e o experimento do bicarbonato con vinagre e globo
 
Tamén estivo xogando coas formas e figuras, reproducindo  modelos e inventando outros.
  E mandounos este video cun xogo que montaron: un labirinto para xogar á pelota!

 Ademáis estivo de cumpleanos e decorou con lacasitos esta tarta tan bonita. Parabéns Martín! 
Os lacasitos ademáis dunha larpeirada e decorar, son un moi bo "recurso" matemático. Permiten facer series, comparar, contar, sumar... e sobre todo "restar".😋


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!