Lia traballou coas fichas dos contos que estivo vendo e nas que sinala que lle gustaron moito: xenial esa Mariluz avestruz e o Sapo Castrapo da casa da mosca chosca!. Tamen se dibuxou ela fronte ao coronavirus.
Tamen estivo xogando co tres en raia que fixo reciclando tapóns de bebibles. Un xogo perfecto para estimular a atención xa que só se perde si te despistas... Se premedes no enlace da wikipedia veredes un montón de curiosidades deste xogo tan sinxelo. O mikado é un xogo que precisa de destreza e habilidade para controlar a
man e a coordinación ollo-man e que axuda ao
desenvolvemento da motricidade fina.
E aquí Lia dentro do seu castelo, xa sabedes que coma no conto: unha caixa non é só unha caixa!. As posibilidades, como a imaxinación, son infinitas!.
Cóntame Lupe que a Lia lle gusta moito ver aos seus compañeiros no blog, así que tamén nos manda esta foto con Jan. Os dous disfrutando en bici e patinete dos paseos ao aire libre pola natureza: o mellor xogo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!