xoves, 21 de maio de 2020

Os xirasois de Van Gogh e Jhon E. ... e unha historia médica


   Jhon E e seus pais saíron de paseo e atoparon unhas preciosas campanillas moradas (os estalotes) e aproveitando o proxecto de arte de reproducir cadros de autores famosos decidiron unir arte e ciencia. Partiron dunha beleza da natureza e chegaron a unha beleza da arte...
   A dedaleira aparece pintada, como homenaxe á medicina, nun retrato que Van Gogh lle fixo ao doctor Gachet, un médico amigo seu. Despois de eso falaron das obras de Vincent e Jhon E. pintou un cadro reproducindo unha das súas obras máis coñecidas, os xirasois


  Lía explicoulle a Jhon. E unha interesante teoría médica que lle contou a ela un profesor e que vos reproduzo: "que Vincent Van Gogh era un pintor moi peculiar, caracterizado polo ton amarelo das súas obras. Nalgúns autorretratos aprécianselle as mans edematosas, polo que podería padecer problemas cardíacos para os cales a digoxina é un dos tratamentos actuais. Provén da planta que viron, a digitalis purpúrea, dedaleira ou dixital. Contén unha toxina nas follas, flores e sementes, que se emprega para patoloxías cardíacas. A sobredosis produce xantopsia (visión amarillenta)". Así, esta curiosa interpretación médica explicaría a intensa cor amarela de moitas das obras de Vincent van Gogh.
  Jhon E. sigue facendo deporte ao aire libre e vai progresando nas carreiras coa bici. Parece que a pesar dalgún pequeno percance (cousas de frenos e curvas😅) colleulle o gusto á velocidade!. Tamén nos envía unha foto das súas fabas, que van medrando xenial: xa teñen flores. A ver si consigue ter as vainas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!