Hoxe Pedro quere compartir con nós as actividades nas que traballou seguindo as propostas de música. Na primeira tíñades que crear un instrumento e Pedro fixo un xilófono de auga con botes cheos de distintas cantidades de auga. Xenial Pedro!👏👏. Desta maneira tan sinxela xa temos un instrumento de percusión. Este ten tres notas, pero si vos animades podedes intentar facelo con máis botellas hasta conseguir a escala completa. Logo xa afinalo depende do oido de cada un... 😉
Tamén nos manda uns videos nos que toca unha trompeta de xoguete e un trombón máis grande que el coa axuda de papá!. Fan falta bos pulmóns para tocar un instrumento de vento así!.
Outra parte da proposta de Música era debuxar instrumentos, e Pedro escolleu estos: de vento a flauta, de percusión o tambor e de corda a guitarra.👌
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!