Carola e Andrés, os pais de Abril, viñeron a clase a contarnos o conto "O carnaval dos animais" da escritora e tamén ilustradora canadiense Marianne Dubuc. Unha divertida historia que lles gustou moito, na que os animais aproveitan as características máis importantes de outros para disfrazarse.
E despois, aproveitando unha colección de animais que temos na clase, faláronnos deinsectos, arácnidos, escaravellos e as súas diferenzas e características máis importantes... E tamén acabaron falando de dinosaurios ...que nos pillaban de paso!
Moitas grazas aos dous por vir e pasar este ratiño con nós na clase!
Os pais de Martín, Verónica e José Manuel, viñeron a clase a celebrar con nós o Día do Libro. Agasallaron a cada neno cun libriño cos seus nomes que fixeron eles, para que esta vez fosen os propios nenos os lectores. Como actividade para facer en familia na casa deixamos a segunda parte: en cada páxina tiñan recoñecer os nomes e pegar as fotos dos seus compañeiros... así que tamén fixeron de editores.
Despois escollimos para contar un conto dos que temos na clase: Os tres porquiños. Escoitárono coa misma emoción e sorpresa que as outras cen veces que seguro o fixeron antes!. Todo un clásico!
Moitas gracias Verónica e José Manuel por vir a clase a participar nesta actividade... e polo traballo de facer os libriños personalizados.
Recibimos a visita da nai de Lola, Carmen, que nos trouxo un precioso conto: "De que cor é un bico?". Recibírona cunha chea de abrazos e despois foron presentándose e escoitaron con moito interés. Lola estaba moi emocionada axudando á súa nai. Despois de ver as coloridas ilustracións intentamos dibuxar bicos e corazóns das nosas cores favoritas.... Este conto é de Rocío Bonilla e no enlace do nome podedes entrar na páxina para ver outras das súas obras.
Reseña: A Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas,
ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico e quere saber de que cor
será? Vermello coma unha deliciosa salsa de tomate? Non, porque tamén é a
cor de cando estás enfadado... Será verde coma os crocodilos, que
sempre lle pareceron tan simpáticos? Imposible, porque é a cor das
verduras, e non lle gusta comelas!. Nin blanco porque é frío .... A través das páxinas do conto vai intentando averiguar de que cor serán.
Moitas grazas Carmen por vir a clase a compartir con nós este conto!
Para conmemorar o día do libro, no mes de abril comezamos a recibir na clase asvisita de mamás e papás que nos viñeron a contar un conto. Na primeira visita Sandra a nai de Maeba contounos o conto "La oruga glotona", "Unha eiruga moi larpeira" de Eric Carle. Trouxo monicreques de pao e figuras dos alimentos que vai comendo a eiruga desde que nace ata que se transforma en volvoreta.
Tamén nos trouxo dibuxos de eirugas para colorear e cando marchou rematámolas e puxémoslle paos para facer tamén un pequeno monicreque que foi o que levaron a casa.
Pasámolo moi ben a pesar de que a Maeba lle costou "un pouquiño" deixar marchar á súa mamá....
No outono vimos o conto "o carballo con botas" de Anxo Moure. Despois trouxemos a clase botas, xapatillas e tenis vellos que pedimos aos papás e fixemos varias plantacións de carballos que non naceron e despois de glicinias que a pesar de tódolos coidados tamén nos fallaron ....ou igual foi por exceso de coidados.
Finalmente fixemos outra cousa que foi todo un éxito e que xa vos contaremos en breve.
E o día 24 fomos á Biblioteca a ver a Anxo Moure, que nos encantou. Foi unha actividade organizada polo equipo da biblioteca con motivo do Día do Libro. Pasámolo xenial e despois acompañounos a ver as nosas clases e o que tíñamos plantado. Podedes ver os videos na entrada do Blog da Biblio premendo AQUÍ.
Aquí estamos nunha das plantacións:
Cando veu con nós a clase , montado no seu Nubinete!
Este ano para conmemorar o Día do Libro o equipo de dinamización da Biblioteca propúxonos transformar as portas da clase en portadas de conto.
Nós escollimos o de "LOLA CON ALAS" entre moitos da clase, porque así todos podíamos participar dalgún
xeito… O conto trata de como os estímulos que proceden da arte e as
cores poden cambiar o estado de ánimo dos nenos e aumentar a súa
sensibilidade artística. Ademáis é un conto moi divertido e creativo que fomenta a
colaboración e a creatividade.
Lola está triste, soa na
habitación e todo lle parece gris... menos o cadro da parede cheo de coloridos paxaros. Así que decide
poñerse algo de cor e comeza cun sombreiro verde, medias amarelas, zapatos azuis, vestido rosa…
Logo pinta a cara de azul, os brazos a raias laranxas, a punta dos dedos de morado, a boca de vermello e conforme o fai, vaise poñendo de mellor humor. Tanto que ata
consigue voar e pasar unha tarde
divertida cos paxaros fantásticos do seu cadro.
A autora-ilustradora desta historia é POLLY DUNBAR. Naceu en Stratford-upon-Avon (onde tamén o fixo William Shakespeare) e comezou a ilustrar libros con 16 anos
ata graduarse en Arte en 1999. A súa nai Joyce Dunbar é a autora de
libros infantís, e o seu pai traballou como ilustrador e como profesor de arte.
Pola Pascua fixemos estos pitiños. Os nenos pintaron con pintura acrílica as bolas de porexpan e despois engadimos plumas e ollos coa pistola de silicona. Logo tivemos que contar e repartir os ovos de chocolate para facer un paquete cos anacos de tul. Para rematar metimos o pitiño dentro. Esperamos que vos gustaran e que os compartiran.
Polo visto a orixe da tradición dos ovos ven xa desde a Idade de Xeo. Despois do inverno, e cando xa case non
quedaban provisións, coa chegada da primavera volvían as aves e comezaban a poñer ovos,
dos que se alimentaban os seres humanos ata que podían volver cazar coa
chegada de mellores temperaturas. Máis adiante como no cristianismo os ovos considerábanse carne, non podían comerse na cuaresma e comezaron a gardalos cocidos. Posteriormente pasaron a decorarse para facer regalos con eles e a elaborarse de chocolate... Máis curiosidades sobre esta costume podedes velas na Wikipedia.
Material: bolas de porexpán tul laranxa e amarelo pintura acrílica ollos móviles plumas paos de brochetas
A partir do conto "A que sabe a lúa", fixemos unha experiencia na que empregamos os cinco sentidos: escoitamos, miramos, ulimos, tocamos e sobre todo saboreamos!.
Comenzáramos esta actividade en decembro cando contamos este conto editado por Kalandraka no que os animais da selva se axudan entre todos para conseguir probar un anaquiño de lúa. Un libro
redondo como a lúa chea e moi saboroso que nos ensina que
as cousas compartidas sempre saben moito mellor.
Comezamos probando as obleas, que se parecían moito á lúa do conto, e seguimos cos queixos que nos mandastes e logo con palomitas, gusanitos e incluso probamos as laranxas ácidas da horta...
Tamén incluimos as diferentes galletas que traen para compartir na actividade da maleta viaxeira. E son moi coidadosos coas diferentes intolerancias que temos na clase: sempre queren comprobar se as merendas que traen teñen lactosa, plátano, ovo ou gluten!. Nesta montaxe están algunhas fotos das primeiras degustacións:
Na clase contamos o conto "ROSA CARAMELO" para falar de coeducación e igualdade. No conto Margarita é unha elefanta que, como todas as da súa manada,
vive moi protexida comendo só flores rosa, adornada de laciños rosa... Todas teñen unha preciosa pel de cor
rosa caramelo... menos Margarita, que vive presionada por seus pais aos que lles
dá vergoña que a súa filla non sexa
igual que o resto. Margarita está triste por non ser tan bela como o resto aínda que se esforza moito. Pero mentres as elefantas
viven encerradas, poden ver que os elefantes viven e devírtense libres pola sabana. Un día Margarita decide fuxir do terreo valado
das elefantas... ¡para xogar con eles na sabana e ser libre!. O resto de
elefantas cando a ven tan feliz acaban seguíndoa e desde entón, non hai distinción entre elefantes e
elefantas: todos viven xuntos no mesmo lugar, comparten as mesmas costumes e
teñen unha fermosa cor gris... e son libres e iguais!
Entre todos pintamos o mural da sabana onde viven os elefantiños e fomos analizando o conto: o xeito de pintalo, o tamaño dos elefantes e as árbores, as cores e sobre todo o problema que plantexa: entenderon moi ben a inxustiza da realidade das elefantiñas cando lles propuxen que só un grupo deles podería ir xogar no patio de area mentras o resto tería que quedarse na clase ou no porche...
Rosa Caramelo é un dos títulos que Adela Turín e Nella
Bosnia publicaron en Italia, entre 1975 e 1980. A súa intención era denunciar
a discriminación da muller e reivindicar unha reformulación das estruturas sociais
e dos roles de xénero establecidos. Este conto que editou aquí Kalandraka é
unha boa ferramenta para traballar a coeducación e a igualdade.