sábado, 22 de febreiro de 2020

Biblioteca de aula en prestamo


  Fai unhas semanas comezamos a levar a casa algúns libros da Biblioteca. Para eso empregamos as bolsas que decorastes na casa. Levan dentro unha libreta na que cada neno rexistra o libro que leva, risca no recadro si lle gustou moito pouco ou nada e fai un dibuxo sobre a historia. 

Tamén pegan en cada páxina unha foto da portada do libro e escriben o seu título.

 
 
 

 

  
 
 
 

mércores, 5 de febreiro de 2020

Festexando o Día da Paz!


   Na clase preparamos pompóns de papel para participar na celebración do Día da Paz. Cortamos papel continuo en tiras o máis estreitas posibles. Aínda que ao principio lles parecía dificil recortar un anaco tan grande en tiras "máis ou menos paralelas" e sen marcar, esforzaronse moito para conseguilo. Olivia deixounos fascinados co seu impresionante traballo!. Non parou hasta conseguir as tiras máis finas de toda a clase!
 
 Tamén comprobamos que había distintas sonoridades según o ancho e que canto máis estreitas eran, mellor nos sonaban e mellor movemento tiñan. Finalmente o venres unímonos a todos os compañeiros de infantil na sala de psicomotricidade bailando cos pompóns  acompañados da  canción "De festa" de Uxía Lambona e a banda molona. 






domingo, 2 de febreiro de 2020

Camiliño Josesiño na Maía

  A semana pasada chegou a clase unha maleta coa bandeira de Inglaterra. A moitos sonáballes a bandeira e falamos algo sobre ela.  Estaba chea de cousas, entre elas un conto dun neno do que só lles dixen as iniciais: CJC.  
 Trataba dun neno ao que lle gustaba moito escribir e que vivía en Iria preto de Padrón, a carón da vía do tren que construíra seu avó inglés. Podedes ver o conto premendo AQUÍ

 
  A través dun xogo de pistas que escribimos para levar a casa, algúns conseguiron  averiguar que se trataba do premio Nobel de literatura Camilo José Cela. Súa nai chamáballe Camiliño Josesiño e leinlles unha cousa que escribeu de cando era pequeno: a triste historia do pitiño Bufariñento. 
  Dibuxamos a Camiliño e fixemos un quebracabezas cunha foto de maior. Cando buscamos fotos del para facer o quebracabezas moitos fixeron o mismo comentario: que non tiña moitas rindo!


  Na maleta ademáis do conto  había unha maqueta dunha casa, un tren, un libro da súa obra La colmena (pola ilustración todos pensaron que iba de abellas!), unha pluma estilográfica (esto dounos pé a falar doutros materiais empregados para escribir como as plumas de ave, as placas de barro...). Tamén viña dentro unha gorra de ferroviario, xa que John Trulock o avó inglés de Camiliño veu a Galicia a facer a primeira liña de tren entre Cornes e Carril  e trouxo con el a Sarita, a máquina que está no xardín da casa museo de Cela.


Un espazo renovado!

  Desde fai uns días disfrutamos dun espazo renovado no centro, o que viña sendo a aula de música e onde tamén se diran os talleres de grafomotricidade e incluso actividades polas tardes. Reubicouse moito mobiliario e material obsoleto e colocáronse unhas fantásticas mesas abatibles que nos fixo o papá de Juan. Todos estos cambios permiten un uso moito máis efectivo desta aula que temos a carón do patio. 



  O primeiro que notaron eles era que tiña máis color e que había moito máis espazo!. Todo esto permite por unha banda que os nenos poidan moverse moito mellor e sin tropezar cando bailan nas clases de música e por outra empregar o chan  na zona de alfombra para pintar ou facer grafo. Disfrutar do espazo e o movemento de xeito máis natural para nenos pequenos. E as mesas abatibles permiten traballar sentados cando é preciso. 

 Colocouse a estantería dos contos na zona de entrada con gran visibilidade, esto permiteunos que durante o recreo os nenos que así o desexaron entrasen durante os días de choiva nos que o patio estaba moi desapacible. Eso sí, respectando as mismas normas que no Bibliopatio que xa non temos. Disfrutaron cos contos e ademáis era unha zona tranquila na que non había conflictos.



martes, 28 de xaneiro de 2020

Fonte e lavadoiro de Castrigo


  Aproveitando que a semana pasada non choveu, pudemos facer unha saída hasta o conxunto do muiño, fonte e lavadoiro de Castrigo. Comparamos os cambios desde a outra vez no outono: moita máis auga no rio, vimos as mimosas en flor, que foron case as únicas flores que atopamos e sobre todo falamos do uso dos lavadoiros onde antes se reunían as mulleres da aldea para lavar xuntas a roupa das casas.
 
 
 
 
 
 

domingo, 26 de xaneiro de 2020

Pintando xuntos


  Como sabedes por entradas anteriores, na clase gústanos moito o arte aborigen australiano. Ocupa un lugar moi importante nas vidas dos aborígenes, conectando o pasado co presente, o home coa terra e o sobrenatural coa realidade. Un pouco como pasa cos nenos cando se enfrontan a botes  cheos de pinturas e pinceles: eles pintan o seu presente, os seus recordos, a realidade e o que imaxinan. Ou se deixan levar polos trazos e os xestos cos pinceis… 



  En edades máis temperás só pintan… e despois interpretan o pintado. Pintar no chan en gran formato dalles unha gran liberdade de movementos, é como se non houbera límites (espaciais claro) e como imos pintando en grupo tamén lles ensina a cooperar e respetar os traballos e os estilos diferentes dos compañeiros. 
 
 As primeiras manifestacións de arte aborigen déronse con pinturas ou gravados nas paredes das cavernas e refuxios de pedra. As súas imaxes son consideradas sagradas porque mostran unha presenza ancestral. Pintar as súas propias mans era un xeito de deixar recordos, de transcender. Por iso aos nenos tamén lles gústa tanto deixar as súas pegadas na pintura... 

   Hai tres tipos de arte en rocas que reflicten os diferentes estilos. O primeiro e máis común son as figuras xeométricas como círculos, arcos, pegadas de animais e puntos. (este é ao que máis nos achegamos)
O segundo estilo son figuras humanas ou animais pintadas ou gravadas nas rocas (como vedes, nas nosas imaxes tamén hai animais e persoas).

 

  O terceiro reflexa imaxes detalladas de figuras que parecen radiografías, coñécese como x-ray art e mostra os órganos internos de animais e persoas e son as que "de momento" nos quedan máis afastadas.
===================================
 Ademáis, nesta ocasión, cando remataron de pintar, uns cuantos  quixeron facer mesturas e ver que cores novas podían obter. E, cando secaron, coas páxinas fixemos un libro de mesturas e escribimos  os nomes das cores orixinais e os das obtidas.