martes, 25 de febreiro de 2020

Hora de ler cos nenos e nenas de primeiro!

   O pasado xoves os nenos e nenas de primeiro co seu profe José Luis viñeron a clase na hora de ler. Unha proposta do equipo da Biblioteca. Primeiro presentámonos uns a outros aínda que moitos xa se coñecían e tamén había algunha irmá. 
Dixeron que iban ler o conto "LINA VUELA EN ALA DELTA" de  Elisa  Mariscal e Emilio Urbeaga, publicado pola Editorial Santillana. 

 Preguntáronlles si sabían que era unha ala delta ...a máis rápida en contestar foi Lola!
 
 Uns leían e outro era o encargado de mostrarlles as ilustracións
 
 Cando rematou a lectura, falamos do cambio entre infantil e primeiro, do que uns pensaban que iba ser e do que lles parece agora, do que botaban de menos e de algunhas cousas coas que disfrutan. Jimena contounos que ao principio tiñan algo de medo polo cambio, pero dixo que despois xa non e que agora lles gustaba.
 
 Pola nosa parte contámoslles os recantos que temos na clase e algún dixo que sabía que os maiores teñen unhas mesas diferentes que as nosas (con caixóns debaixo para gardar as súas cousas)

 A visita rematou cunha invitación dos maiores para visitalos na súa aula
Alí estaremos!
Gracias aos nenos pola visita e  ao profe José Luis por traelos!


 Algunhas imaxes do libro

domingo, 23 de febreiro de 2020

Día de Rosalía... nos escaparates de Bertamiráns


 O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Dende o Equipo de Normalización Lingüística en colaboración co Concello déronnos unha lámina de cartón pluma para escribir un poema e despois levalo a un comercio de Bertamiráns. Todos os centros educativos participamos nesta iniciativa que enche as nosa rúas de poesía. Incluso están nos buses como podedes ver na web do cole.
   Fixen unha escolla de pequenos poemas de Rosalía e leinllos na asamblea. Uns parecíanlles tristes, outros ledos, pero como estamos aprendendo sobre os paxaros, pareceu oportuno escoller este poema de Rosalía que dí: "Canta paxariño canta, de ponliña en ponla, que o sol se levanta" 
   Así que puxéronse a practicar nun papel de proba para dibuxar ben os paxariños. Pero os das probas quedaron tan bonitos que finalmente os pintaron e recortámolos para pegalos nas poliñas da arbore onde outros escribiran as palabras do poema.

    Despois fixemos un sorteo para ver quen sería o noso representante (descartando os que xa lles tocara o curso pasado) e tocoulle levalo a Lía que nos mandou estas fotos diante do cartel no escaparate dun local que seguro todos recoñecedes.

sábado, 22 de febreiro de 2020

Biblioteca de aula en prestamo


  Fai unhas semanas comezamos a levar a casa algúns libros da Biblioteca. Para eso empregamos as bolsas que decorastes na casa. Levan dentro unha libreta na que cada neno rexistra o libro que leva, risca no recadro si lle gustou moito pouco ou nada e fai un dibuxo sobre a historia. 

Tamén pegan en cada páxina unha foto da portada do libro e escriben o seu título.

 
 
 

 

  
 
 
 

mércores, 5 de febreiro de 2020

Festexando o Día da Paz!


   Na clase preparamos pompóns de papel para participar na celebración do Día da Paz. Cortamos papel continuo en tiras o máis estreitas posibles. Aínda que ao principio lles parecía dificil recortar un anaco tan grande en tiras "máis ou menos paralelas" e sen marcar, esforzaronse moito para conseguilo. Olivia deixounos fascinados co seu impresionante traballo!. Non parou hasta conseguir as tiras máis finas de toda a clase!
 
 Tamén comprobamos que había distintas sonoridades según o ancho e que canto máis estreitas eran, mellor nos sonaban e mellor movemento tiñan. Finalmente o venres unímonos a todos os compañeiros de infantil na sala de psicomotricidade bailando cos pompóns  acompañados da  canción "De festa" de Uxía Lambona e a banda molona






domingo, 2 de febreiro de 2020

Camiliño Josesiño na Maía

  A semana pasada chegou a clase unha maleta coa bandeira de Inglaterra. A moitos sonáballes a bandeira e falamos algo sobre ela.  Estaba chea de cousas, entre elas un conto dun neno do que só lles dixen as iniciais: CJC.  
 Trataba dun neno ao que lle gustaba moito escribir e que vivía en Iria preto de Padrón, a carón da vía do tren que construíra seu avó inglés. Podedes ver o conto premendo AQUÍ

 
  A través dun xogo de pistas que escribimos para levar a casa, algúns conseguiron  averiguar que se trataba do premio Nobel de literatura Camilo José Cela. Súa nai chamáballe Camiliño Josesiño e leinlles unha cousa que escribeu de cando era pequeno: a triste historia do pitiño Bufariñento. 
  Dibuxamos a Camiliño e fixemos un quebracabezas cunha foto de maior. Cando buscamos fotos del para facer o quebracabezas moitos fixeron o mismo comentario: que non tiña moitas rindo!


  Na maleta ademáis do conto  había unha maqueta dunha casa, un tren, un libro da súa obra La colmena (pola ilustración todos pensaron que iba de abellas!), unha pluma estilográfica (esto dounos pé a falar doutros materiais empregados para escribir como as plumas de ave, as placas de barro...). Tamén viña dentro unha gorra de ferroviario, xa que John Trulock o avó inglés de Camiliño veu a Galicia a facer a primeira liña de tren entre Cornes e Carril  e trouxo con el a Sarita, a máquina que está no xardín da casa museo de Cela.


Un espazo renovado!

  Desde fai uns días disfrutamos dun espazo renovado no centro, o que viña sendo a aula de música e onde tamén se diran os talleres de grafomotricidade e incluso actividades polas tardes. Reubicouse moito mobiliario e material obsoleto e colocáronse unhas fantásticas mesas abatibles que nos fixo o papá de Juan. Todos estos cambios permiten un uso moito máis efectivo desta aula que temos a carón do patio. 



  O primeiro que notaron eles era que tiña máis color e que había moito máis espazo!. Todo esto permite por unha banda que os nenos poidan moverse moito mellor e sin tropezar cando bailan nas clases de música e por outra empregar o chan  na zona de alfombra para pintar ou facer grafo. Disfrutar do espazo e o movemento de xeito máis natural para nenos pequenos. E as mesas abatibles permiten traballar sentados cando é preciso. 

 Colocouse a estantería dos contos na zona de entrada con gran visibilidade, esto permiteunos que durante o recreo os nenos que así o desexaron entrasen durante os días de choiva nos que o patio estaba moi desapacible. Eso sí, respectando as mismas normas que no Bibliopatio que xa non temos. Disfrutaron cos contos e ademáis era unha zona tranquila na que non había conflictos.