domingo, 7 de xuño de 2020

A torre de Jhon E.

 Jhon E. tamén se animou a facer o reto da torre. Empregou moitas caixas de xoguetes de diferentes tamaños e quedoulle unha supertorre máis grande que el. Reto superado!
 

sábado, 6 de xuño de 2020

O reto da torre de Carla e Marta e as cousas que nos fan felices!

Carla e Marta fixeron unha das propostas, o reto das torres. A súa torre caseira mide 1,40, e usaron casi 40 libros, unha hucha, vasiños de construccións, un sofá de Barbie e un contenedor de algodóns.... Reto conseguido!
Por suposto houbo varios intentos previos, cos conseguintes derrumbes... seique o pasaron moi ben!
  Por certo un dos libros da torre é moi interesante: "QUÉ NOS HACE FELICES?" (de VV KIDS) A  través da historia escrita por Marie-Agnès Gaudrat e das preciosas e sinxelas ilustracións de Carme Solé Vendrell, os nenos e os maiores falarán dos valores importantes e das cousas que realmente nos poden facer felices. 

venres, 5 de xuño de 2020

Pedro: a súa inicial e uns pementos fantásticos!

 Pedro fai dous meses que plantou nun bote unhas sementes  de mandarina e de pemento. Foi unha das primeiras propostas do confinamento e despois de todo este tempo de espera mandounos este video: menudo éxito!
Tamén estivo traballando na proposta de facer a súa inicial en 3D e decorouna con centos de papeliños. Impresionante!

 

xoves, 4 de xuño de 2020

Lia recomenda a vaca que puxo un ovo!

 Lia estivo "traballando co tempo". Ela e Lupe fixeron un reloxo de parede con goma eva e agora anda a cada rato "consultando a hora". Parece que colleu con entusiasmo esta proposta, porque xa domina as horas en punto e coas outras, que son moito máis difíciles, anda a traballar. Seguro que o acaba conseguindo!
 Tamén traballaron cos contos, na proposta de gravar un video facendo unha crítica literaria e recomendando un libro. Lia escolleu a sorprendente historia de  "a vaca que puxo un ovo" e aínda que Lupe decía que lle costou un pouquiño, porque lle daba vergonza, quedou xenial. Seguro que despois de oíla vos apetece ler ese conto!. Unha historia de Andy Cutbill ilustrada por Russell Ayto editada por Patas de peixe. Gracias Lia!!!👏 👏 👏

A árbore familiar de Maeba

  Maeba estivo traballando na súa árbore familiar. Quedoulle moi bonito e ademáis ten truco, xa que ademáis de dibuxar os membros da familia e poñerlles nome, si levanta as solapas de cada un debaixo ten as súas fotos !👏👏👏
  Tamén fixo as vogais con plastilina



mércores, 3 de xuño de 2020

Juan fixo o seu nome con millo

 Patricia acaba de mandarnos unha foto do nome que fixo Juan con graos de millo. Antes estivo traballando un bo rato debullando o millo, que é de esas variedades dunha cor espectacular que cando tíñamos tres anos estiveramos vendo na clase. Lembrade cando fixemos a entrada sobre unha leira de millo nunha maceta.
 Aquí está Juan todo atarefado. Quedoulle precioso!
Unha proposta: e si escolledes a letra inicial ou o nome dos nenos feito con sementes... e o plantades?. Pode ser nun plato con algodón, no xardín ou nunha bandexa con terra....


Os alfabetos creativos de Abril

Abril estivo traballando co alfabeto. Ten unha libreta con lentejuelas que cambian de cor cando as xiras... como esas camisetas que lles encantan  😉. Estaba facendo a súa inicial e Andrés propúxolle que fixera todo o abecedario. Foille sacando fotos a cada letra e quedoulle así:
 Despois  envioume este outro que fixo recortando os cartóns de caixas de comida que van gardando para reciclar!. Fantástico. Unha moi boa idea para REUTILIZAR materiais que xa tiña na casa!
 Recordade que na clase estivemos moito tempo facendo un proxecto de separación de residuos (tíñamos tres papeleiras nas que cada día clasificábamos e repartíamos os restos de papel, o plástico e os residuos orgánicos das merendas.  Falamos da Reciclaxe, que xunto coa Reducción (hai moitas cousas que non necesitamos) e coa Reutilización  (que foi o que fixo Abril cos cartóns)  son as tres R que poden axudar a coidar o planeta. Póñovos aquí este corto para que o lembremos.

 

martes, 2 de xuño de 2020

Telmo xa ten 5 anos!

  O outro día Telmo estivo de cumpleanos, cumpleu 5 aniños xa. Mandounos estas fotos da festa que celebrou con Elsa e con seus primos Gael e Bruno que tamén cumpleu anos un día antes que el. Parabéns aos dous!

 Elsa regaloulle a seu irmán unha cana de pescar que fixeron na casa con uns peixiños de madeira decorados por ela. Todo un xogo de precisión e pulso que lle quedou moi bonito!



O maio de Lola

  Lola recolleu flores silvestres para facer un ramo e mándanos un video no que aparece cantando: o maio que baila de pé!.  Tamén nos desexa unha  feliz primavera a todos!

luns, 1 de xuño de 2020

Árbore familiar, camiseta, gatiños... e unha excursión con Martín!

  Martín quere compartir con nós varias das propostas nas que estivo a traballar estos días:  a súa árbore familiar cos nomes dos avós e os bisavós.
 Diseñou unha camiseta con virutas, moldes  e plancha  que lle quedou moi bonita!
 Pasouno moi ben (e estiveron moi ocupados) coidando das 5 crias dunha gatiña abandonada que andaba pola aldea,  hasta que lle buscaron familias que os adoptasen. Aquí está acariñando ao que quedou con el.
 Estivo disfrutando das vistas dende o pico de Santa Mariña, no concello de A Baña. Unhas fotos preciosas!. Póñovos AQUÍ un enlace con Patrimonio galego.net por si vos animades a visitalo. Nunha panorámica de 360 grados podemos ver o Pico Sacro, o Castelo de Portomeiro, o de Castromaior en Fecha, o Monte Iroite, o Tremuzo e o Monte Pindo entre outros.
Traballou facendo contas e  formando palabras con este xogo de letras.
 E coa calor que fixo estos días, pasou horas dentro da piscina xogando coa auga!
seguro que imaxinaba algo así!

A árbore familiar de Lia

  Lia estivo a traballar na proposta da árbore xenealóxica familiar. Lupe contoume que se esmerou moito e que estaba moi contenta co resultado. Quedoulle realmente moi bonito! 
(Desde aquí un saúdo aos avós que viñeron algunhas veces a recollela ao cole!. E tamén aos avós de tódolos pequenos, esperemos que pronto se poidan xuntar cos que están máis lonxe 💓)
 Tamén estivo co resto das tarefas do cole, axudando a mamá a cortar calabacíns para facer unha lasaña moi rica  😋e exercendo de irmá maior con Jan.👏👏
 E con esta calor xa que nesta fase se pode, aproveitaron para saír de paseo e pola praia!!! 😊




Un paseo polo parque con Maeba.

Maeba e Gael foron de paseo polo parque do río e ela lembrouse de que fora alí onde o ano pasado puxemos as placas de pizarra decoradas con poemas. As que todos os alumnos do Concello escribiron e decoraron con moito esforzo e cariño para conmemorar o Día de Rosalía. Por desgracia xa quedan moi poucas, pero ela explicouno así: "mamá, seguro que las quitaron para que no viniera el coronavirus". Aparte de eso diron un refrescante paseo por este bonito parque de Bertamiráns.  Sandra cóntoume que Maeba bota moito de menos aos seus compañeiros. Eu tamén, un bico a todos!