venres, 27 de decembro de 2013

MANUALIDADES DE NADAL

     Rematamos este trimestre traballando con manualidades relacionadas coas festas de Nadal: fixemos papá noelesbolas decoradas con purpurina para decorar as árbores na casa. E decoramos as bolsas de papel de estraza nas que levamos os nosos traballos. Nas bolsas empregamos todo o que se nos ocurreu: lazos, pegatinas, rotuladores, témperas... e cada un deixouse levar pola súa imaxinación e creatividade. As bolsas en conxunto quedaron realmente bonitas.  Algún neno decorounas con imaxes que nos lembraron a historia de "Ambrosio o limpador de estrelas" e outras son auténtico deseño  e todas son artesanía pura.
clicar aquí para ver a montaxe
     Por certo, esta é a segunda montaxe... Eepero que vos guste. Tiña outra preparada, mooooito máis bonita e traballada... e cando a estaba rematando despois de case dúas horas... AHHHH! caeuseme a internet. E eso que me acababan de repoñer o ruter que estoupou coa cicloxénese explosiva! (...as treboadas de toda a vida).  E agora nin banda ancha nin estreita! Todo quedou en nada! o traballo perdido e eu falando en arameo... polo menos. Eso sí, como estamos en Nadal, decidín non cabrearme máis  coa rede...e facer outra montaxe. Pero a pouco máis sae o ordenador pola fiestra! Mellor tomalo con un chisco de humor! O que me trae á cabeza un par de viñetas impagables do gran Forges:




martes, 17 de decembro de 2013

A ÁRBORE DE NADAL

     Estos días estivemos pintando unha árbore de Nadal entre todos, aproveitando o cartón da embalaxe da nova pantaia dixital que temos agora en clase. Dibuxei o contorno dun abeto e os nenos pintaron as follas, fixeron colorearon e recortaron un montón de adornos e dibuxaron as cintas prateadas... Despois, cando a nosa enorme árbore de Nadal estivo rematada, fixemos unha "sesión de fotocall"...
     E para compartilo con todos, que é do que trata o  Nadal,  puxemos o abeto  na entrada do colexio.
    Despois con todas as fotos fixen esta presentación que espero que vos guste e que leva de fondo unha  fermosa canción de John Lennon...



clicade aquí

domingo, 15 de decembro de 2013

O QUEBRANOCES DE TCHAIKOVSKY

   
  O venres fomos ver  “As aventuras de Quebranoces” no Centro sociocultural, de Bertamiráns. O espectáculo consiste na representación con teatro de monicreques dunha historia, de guión propio da Asociación Musical Musicreques, baseada no conto “Quebranoces e o Rei do Ratos” (escrito por E. T. A. Hoffmann), mentres se interpreta en directo ao piano a música da Suite  “O Quebranoces” de P. I. Tchaikovsky. (clicar aquí para escoitala).

    Si entrades na páxina da  Asociación Musical Musicreques, podedes ver as características do espectáculo que ofrecen e a entrada que fixeron da visita.
      
   Como a actuación comezou máis tarde do que nos dixeran, tivemos tempo de "invadir e ver" as instalacións do centro, que conta con un local no baixo que ocupamos as seis clases da primeira tanda xogando un bó rato. Por suposto, e a pesar de que sempre temos a precaución de ir ao baño antes de sair do cole, tamén tivemos ocasión de ver as instalacións sanitarias do centro (esto ademáis é contaxioso: vai un , van todos...)
    

                 Teño só unhas  poucas fotos que vos poño en esta presentación: 
 
CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS


   Os bonecos escenifican o conto mentras os nenos escoitan a música de Tchaikovsky  e polo medio escoitamos o piano con escenas nas que os monicreques, ao longo de distintas aventuras, ensinarán aos nenos "a importancia do respecto aos demais, o valor do diálogo e da escoita, a beleza da música, os diferentes países e culturas, etc. Da man dos monicreques, os nenos poderán coñecer distintos intrumentos musicais, as distintas familias instrumentais, que é o ritmo, a melodía e a harmonía, aprenderán a bailar un vals, etc."

Na clase vimos este corto de animación para coñecer a historia do quebranoces.


clicar aquí
 e tamén este precioso corto de disney da danza das flores, da película Fantasía:

clicar aquí


venres, 13 de decembro de 2013

A ÁRBORE DE NADAL

     Esta semana puxemos a árbore de Nadal. Tivemos que montala xa que estaba gardada desde o ano pasado e según íamos abrindo a caixa, a nosa emoción medraba... Todos querían poñer algo e algúns  axudaron a montar a estructura (xa somos "maiores" abondo...). Despois fómola enchendo cos adornos gardados. Entón pasaron por alí os de 5 anos con Araceli, que tiñan psicomotricidade na sala grande  e tamén quixeron quedarse a mirar e botar unha man... Cando rematamos e estábamos probando as luces, pasaron os pequenos de 3 anos da clase de Merchy  e quedaron "fascinados" coa nosa árbore... 
     Estos días algúns aínda están a traer máis luces e bolas para seguir colgando na árbore de Nadal. (Gracias!). Kevin trouxo tantas, que quixo compartilas con Emma...  e xa vedes aos dous colgando campaniñas e buscando os sitios onde lles parecía que había poucas.
 Aquí vos poño as fotos da montaxe:
clicade aquí para ver as fotos


mércores, 11 de decembro de 2013

MAXIA NA MAÍA

     O luns baixamos á Biblioteca do cole para ver un espectáculo de maxia.Os nenos baixaron todos emocionados e cando entramos atopamos que desapareceran as estanteirías centrais e o espazo estaba ocupado por sillas para nós. Diante de todo sentáronse os pequenos de 3 anos e eles foron os que máis tarde sairon como axudantes do mago que saleu ao escenario. O mago fixo o que fan os magos... e nas caras dos nenos e as nenas podedes ver que a maxia andaba polo escenario. De primeiras non querían saír voluntarios pero a partir do segundo número xa querían subir todos!. O que máis lles gustou  foron as pombas que aparecían máxicamente e que máis de unha quería tocar. E teño que decir que o número que menos lles chamou a atención foi o de facer aparecer un billete de cincuenta: non estaría de máis saber cómo, pero para os nenos era moito máis máxico o das pombiñas!. Eso si que era maxia!

Aquí vos poño as fotos do espectáculo:

o espectáculo de maxia!

Aviso para interesados:

   Na páxina do Concello atoparedes "máis información sobre o VIII Festival de Maxia que se celebra en Ames esta fin de semana. As localidades de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán durante o sábado 14 e o domingo 15 de decembro, un festival de maxia  dirixido a todos os públicos. Esta actividade, que está organizada pola Concellaría de Cultura, intenta achegar á cidadanía amiense o espectacular mundo dos magos..." (leer máis+)



venres, 6 de decembro de 2013

EXPOSICIÓN SOBRE OS CASTROS

   Onte viñeron de visita os nenos e nenas da clase da profe Lidia (os de 5ªA  de Infantil). Contaron unha parte do seu traballo sobre a viaxe da imaxinación que facemos todos os de catro anos: a mesma idea de orixe e logo cada grupo "viaxa" según os intereses propios. Na súa clase un neno trouxo fotos nos petroglifos de Bertamiráns (os que están debaixo da autovía a Santiago) e outro dentro do Castro de Baroña. Cando lle mostraron esas fotos os compañeiros quixeron saber máis cousas sobre eles e intentaron facer un. E así, pouco a pouco, fixeron a maqueta dun castro. Quedoulles tan bonito e estaban tan orgullosos do traballo, que lles pedín que viñesen a explicalo. 
    A veces traemos xente de fora para que nos conte cousas, pero esta foi unha sesión especial xa que a información estaba na clase de enfrente e agora os nenos queren repetila con próximos proxectos. Estas son as fotos :

       Despois dos primeiros momentos de vergoña e de querer contar todo á vez, soltáronse e contaron como fixeron a maqueta e os materiais empregados: pasta de modelar, plastilina, cartón, serrín , musgo, palillos ...e bonecos de plaimóvil. Tamén falaron das dificultades atopadas, sobre todo para facer os tellados!
      Logo nós preguntámoslles cousas da xente que vivía nos castros e eles explicaron que eran celtas, que facían as casas de pedras e as pegaban con barro e bosta das vacas (un detalle do que todos se acordaban...), que as casas non tiñan ventás, que comían peixe, carne  e tamén marisco... que as murallas eran para defenderse dos romanos... e Álvaro rematou decindo que agora xa non quedan nin celtas nin romanos... 

       Foi unha sesión moi interesante na que todos compartimos coñecementos e rematámola con un forte aplauso .
       Agora a maqueta está exposta na entrada do colexio se a queredes ver.
Esta é unha composición na ubicación real do castro de Baroña:





       E  por si queredes saber máis sobre o noso patrimonio e  "os petroglifos de Ames" entrade na páxina do IES de Ames  xa que un grupo de alumnos coordinado pola profesora Eva Garea, acaba de gañar o  Premio Nacional de Educación a Centros educativos  outorgado polo Ministerio de Educación e Cultura (clicade aquí para ver a memoria do seu fantástico traballo)

      Estas fotos corresponden ao petroglifo que está máis preto do colexio, baixo a autovía.... e tamén mostran o que pode facer a ignorancia cando se xunta coa barbarie e cun bote de pintura!


              

domingo, 1 de decembro de 2013

FOLLAS DE CORES

    Diante das ventás da clase temos un precioso carballo  americano ao que durante o outono as follas vánselle poñendo de moitas cores: primeiro vermello, logo  laranxa, amarelo e ao final pasan de douradas a marróns. Agora están case todas no chan e pensamos en devolverlles algo das cores perdidas. Así que saimos ao patio e collimos unha manchea das máis grandes e aplanadas e puxémonos a pintar en elas coma se fosen folios: primeiro con rotuladores e logo outras con témperas. Marcamos as nervaduras, dibuxamos os contornos e fixemos varios tipos de grafías. En relación con coñecemento do medio puxémonos máis científicos e  falamos da savia que vai polas nervaduras, dos azúcres que leva e de porque se lle caen realmente as follas as árbores co frio...
     Así foi como nos quedaron as follas despois de esta "intervención artística" dos nenos. Clicade en cada imaxe para ver os distintos procesos.

con rotulas de cor e  prateados

con témperas

COLLEITA DE LARANXAS NO COLEXIO

       A laranxeira da nosa horta está chea de froita, así que pasamos por alí para recoller unhas cuantas laranxas. A árbore ten unha peculiariedade, xa que cando a plantamos fará uns 10 anos, era unha laranxeira que os primeiros anos dou froitas grandes e doces, pero máis tarde retoñou por debaixo do inxerto e comezou a dar tamén laranxas moito máis pequenas, ácedas e de cor algo máis amarela que, de pequenas, parecen limóns. Non quixemos cortar esa metade da árbore e agora produce dúas clases de froitos: as laranxas doces de mesa e estas que fomos recoller agora,  que son as axeitadas para facer marmeladas e perfumar confituras. Con nós viñeron os nenos da clase de Lidia e despois escribimos e  fixemos dibuxos.

sábado, 30 de novembro de 2013

O AUTOBÚS DA IMAXINACIÓN

"o bús


O AGASALLO ERA A CAIXA!

 Moitas veces buscamos materiais maravillosos ou xogos espectaculares, de esos que están deseñados  "para estimular a creatividade, a imaxinación e as dotes artísticas dos pequenos...". E moitas veces, esos materiais están ahí, envolvendo, empaquetando e protexendo outras cousas. Estos días chegaron ao cole unhas cuantas mesas novas  e viñan protexidas dentro dunhas enormes caixas de cartón que deseguida desataron a imaxinación dos pequenos: podíannos valer para meternos dentro, xogar as agachadas, para facer tvs, camas, casiñas, un coche...(dixeron de todo!). O primeiro que fixeron cando levei unha a clase foi meterse dentro... casi a reventaron porque todos querían entrar!. 
    Despois, como estamos a facer unha viaxe virtual por Galicia e outros puntos de España, decidimos facer un autobús no que nos meteríamos todos. Así que, para facelo con detalle, saimos fora para observar con atención os buses da parada: as ventás, portas, matrículas, espellos, parabrisas, retrovisores, o que teñen escrito nos laterais, os números etc...
     Con todos esos datos recollidos, puxémonos mans a obra: parecíamos un taller de automoción, pintando a carrocería, as rodas, as matrículas ... Logo motamos todo e pegamos as nosas fotos nas ventas. 
       E así roda o noso autobús da imaxinación!


sábado, 23 de novembro de 2013

PELUCHES SOLIDARIOS


   
http://www.fundacionronald.org/#
    Durante estos días estanse a levar a cabo no colexio varias campañas solidarias de recollida de alimentos e xoguetes e os pequenos participaron con moito interés. Xa vos contarei o resultado da campaña.  Na misma linea solidaria unha mamá pediume que vos comentara que a Fundación Ronald Macdonald este ano ten á venta uns peluches solidarios para recadar fondos para construir e ofrecer axuda e casas a familias de nenos hospitalizados con enfermedades de larga duración. Emma trouxonos os seus preciosos peluches solidarios (unha xirafa e un hipopotamo) para ensinarllos a todos e aquí vos poño un enlace coa páxina da Fundación para saber máis.



clica na páxina da fundación


martes, 19 de novembro de 2013

O MAGOSTO NA MAÍA

   
      No colexio fixemos a festa do Magosto e fomos a ver como asaban as castañas para despois comelas. Antes fixemos os cucuruchos e participamos nos xogos que nos organizou a profe Arancha en colaboración coas profes e algunhas nenas de primaria.
O que máis nos gustou foi ir de paseo o cole dos maiores: fomos pisando unha alfombra de follas douradas e dimos voltas por todo o patio, vimos como Vicente asaba as castañas (con moito traballo porque a leña estaba algo verde...) e logo comimos as que quixemos. En esta presentación vedes como o pasamos!


luns, 11 de novembro de 2013

RETRATOS CON FROITOS DO OUTONO

   No cole  estamos a facer os retratos dos Castañóns, elaborados a partir dos productos e froitos do outono que fomos xuntando estos días. Os de catro anos fixemos os nosos despois de ver varios cadros do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo. Este artista fixo por encargo do rei Rodolfo II varias series de retratos empregando elementos naturais e dándolles aspecto "real". Tamén fixo varios cadros que cambiaban según o sentido no que os mirases. Nós partimos da observación da serie das 4 estacións (sobre todo "O outono")
    

  Seleccionamos e clasificamos todo, separando froitos secos de carnosos, escollendo cabazas, follas e pinas... logo fixemos grupos de catro para fomentar o traballo en equipo e comezamos a compoñer os retratos escollendo os elementos que nos gustaban máis. Cando conseguían rematar un retrato eu sacaba a foto e seguíamos facendo outros. Outra vez fixémolo por parellas  e así fomos conseguindo máis traballos. As fotos están na exposición dos castañóns da entrada do cole.

Clicade aquí para ver como o fixemos:

E estos son os retratos: