Por si non vistes a entrada que puxen na web do concerto de Uxía Lambona e a banda molona" entretiveron e fixeron bailar aos nenos do colexio o mércores da
derradeira semana do curso.
Este grupo pretende sobre todo divertir os pequenos, achegándolles temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, empregando novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop...) para que coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular.Foi unha actividade organizada polo Equipo de Actividades Complementarias. Pasárono xenial no concerto!
Ao longo dos últimos trimestres do
curso pasado, no patio de 3 anos creamos e coidamos un xardín vertical en botellas que se
colgaron nas columnas do peche do patio. Os cordeis que as ataban facilitaban o
reparto da auga das botellas superiores ás inferiores e tamén regamos coa mangueira e eles coas regadeiras. Disfrutamos vendo medrar as plantiñas, coidándoas e de vez en cando comendo as fresas que maduraban...
Os nenos encheron as
botellas de terra e plantaron especies diferentes coas que disfrutaron cos
cinco sentidos: comestibles, aromáticas, crasas, con follas interesantes ou con
fermosas flores...
Ademáis a clase de Sandra plantou bulbos de narcisos, fresias,
amapolas e iris en botes reciclados e tamén empregando cáscaras de laranxas fixeron comedeiros para atraer aos paxaros ...
Cando rematou o curso levamos as botellas coas
plantas para seguir coidandoas na casa!.
Vedes o proceso neste video que xa subín tamén na web do cole .
Como vos dixen cando rematamos o curso, quedáranme pendentes algunhas entradas que agora vou intentar poñer ao día... antes de que comece o novo curso. Un pouco para lembrar como rematamos e continuar despois do verán...
Unha delas foi unha experiencia que nos levou moitos meses de coidados e observacións e que comezou co conto "O carballo con botas" de Anxo Moure. Xuntamos botas, xapatillas e deportivos vellos que pedimos aos papás e sementamos nelas landras, pero non naceron e despois glicinias,que a pesar de tódolos coidados tamén nos fallaron ....ou igual foi por exceso de coidados. A experiencia contámola nunha entrada anterior que podedes ver AQUÍ
Finalmente despois de esos intentos ao longo do curso en troques de sementar aprendimos a "esqueixar": cortamos as plantiñas que medraban no extremo da cinta ou clorofito da clase e plantamos de novo. E aínda que ao principio eran moi pequeniñas, cos nosos coidados medraron moito e quedaron así.
Con esta experiencia contamos contos ( O carballo con botas e Aínda nada), vimos varios xeitos de reproducir plantas, os coidados que precisan como seres vivos e sobre todo aprendemos a esperar e a coñecer e respetar os ritmos da natureza...
Os pais de Iago viñeron a clase a contarnos o conto de Hervé Tullet "Turlututú é un mago" da Editorial Kókinos e fixéronnos xogar seguindo os seus mandados. Un fantástico e colorido álbum ilustrado para os máis pequenos, dun autor que nos encanta e que xa nos ten afeitos
ao xogo co libro, onde é necesaria a participación do lector. Con moitos títulos publicados, este ilustrador francés organiza talleres con nenos por todo o mundo que veñen sendo sesións de arte en directo. Opina que "a arte non é un fin senón un medio". Tamén dí que non hai
cadros bonitos ou feos... El confía na intuición dos nenos e nunhas
dinámicas de grupo para crear arte en colaboración. Ten outro libro que vos recomendo: "Divírtete. Talleres de Arte con Hervé Tullet (Editorial Phaidon) onde propón actividades artísticas para potenciar o noso lado máis creativo. Unha boa "lectura-inspiradora" para o verán!
Nuria e Pablo trouxéronnos tamén un títere de calcetín feito pola avóa de Iago e outros para cada neno en cartulina que despois pintamos como quixeron e convertimos en títeres de pao.
Pasamos un rato moi divertido! Moitas grazas por vir!
Hoxe tíñamos previsto sair de camiñata ao Pazo da Peregrina para xuntarnos coas familias que vos podíades achegar e merendar todos xuntos. Pero cando estábamos xa na porta, todos preparados, coas normas repasadas, todos pasados polo baño, "intendencia" revisada, botellas de auga listas, merendas para compartir preparadas, mochilas colgadas e como digo xa saíndo pola porta emocionados e impacientes.... chega o aviso de direción e dos membros de Protección Civil que nos iban acompañar: chove e recomendan suspender a saída!. As cariñas de decepción non as podedes imaxinar, llanto incluido... en fín.
Chover, chovía miudiño... pero chovía, e era un risco baixar andando así. Para "minimizar" danos pedinlles os de Protección Civil que viñeran falar con eles e despois da conversa xa quedaron un pouco máis convencidos. Pero como xa tíñamos todo o petate colgado decidín buscar un plan B e improvisar unha merenda nun rincón diferente do cole.
Ocurreuseme que como temos este recuncho tan acolledor do Bibliopatio, podíamos quedar nel para compartir a merenda. E alá fomos. Así que finalmente, como dixeron eles: fomos de picnic!.
Dentro das visitas de animación á lectura Adela, a nai de Ainhoa, veunos ler o libro "Tito malabarista"(editorial Edelvives), escrito e ilustrado polo belga Guido van Genechten do que seguro coñecedes outros libros xa que ten publicados máis de 40.
Resumo do conto: Tito é o paiaso estrela do circo. Ao público gústanlle moito as súas
actuacións, pero un día sucede algo estraño: o seu nariz desaparece!.
Tito queda moi triste e comeza a buscalo pero non atopa o nariz redondo
que desexa. Pensa que
iso significará o seu final, pero o dono do circo anímao e faille ver
que ao público gústalle el, aínda que non teña nariz e finalmente
comprende que o público o quere igual.
Ademáis de ler o contoAdela fixo maxia cun xogo de descubrimento de formas xeométricas. Non
imos desvelar a seu secreto! pero tivemos que aprendernos e recitar unha frase
máxica e tamén soplar nunha bolsa... E así todos acabamos conseguindo unha
máxica nariz de paiaso como a de Tito.
Foi moi divertido!
Cando todos conseguimos o nariz buscamos en internet un dibuxo de Tito para colorear. MOITAS GRAZAS A ADELA por traernos este conto e tamén UN CHISCO DE MAXIA PARA COMPARTIR!
Á clase veu de visita un animaliño que nos deixou encantados. Un coelliño que pronto se deixou acariñar.... despois dos primeiros medos polas dúas partes. Aprendimos a tocalo con coidado, a non asustalo facendo ruido e a ser bastante coidadosos con el.
A profe Marta
ensinounos como se colle con delicadeza, xa que son animáis moi
fráxiles e asustadizos. Os nenos enseguida querían saber todo deste pequeno mamífero, como é o seu pelo, onde tiña as unllas, onde vive...
Casi todos quixeron telo nos brazos e o coelliño colleu confianza de seguida. Pasamos un bo rato!
Bety, a nai de Nuria, visitounos para participar nas actividades de animación á lectura. Foi Nuria a encargada de convencer á súa nai insistindo "solo un pouquiño". Contounos dous contos que lle gustan a Nuria: un libro musical de Princesas e unha historia de Pepa Pig na illa dos piratas. Nuria encargouse de ir axudando a mamá a ir pasalas páxinas.
Cando rematou puxémonos a dibuxar a illa dos piratas, pero Nuria xa non soltou a mamá ata a hora de marchar.
Moitas grazas Bety por vir correndo do traballo a pasar este ratiño con nós.
Este curso participamos en varias experiencias coa natureza na horta e no xardín, que nos levaron por exemplo a observar o crecemento das cereixas desde que as vimos en flor ata que as pudemos comer estos días. Ao primeiro atopáronas ácidas, pero logo non chegaban a nada!. No noso patio ademáis están a madurar as moras e os primeiros que as quixeron probar atopáronas moi ricas. Despois xa as probaron case todos!. Tamén seguimos o crecemento das fresas que plantaron na horta os nenos que estaban na miña clase fai 3 cursos e un día fixemos unha "colleita"..
Como eran poucas, fixemos unha "merenda matemática": contámolas, contámonos e repartímolas. O mellor de todo foi compartir. Ademáis o mércores tamén probamos os arándanos e albaricoques da semana da froita que fixeron os maiores estos días.
Participamos ademáis na plantación e coidado do xardín vertical dos sentidos que montou a nosa compañeira Sandra colgando botellas nas columnas do peche que enchemos de terra e plantas e que agora todos podemos coidar e disfrutar...
(En outra entrada xa vos contaremos como foi esa experiencia na que plantamos leitugas, fresas, plantas aromáticas, de flor e crasas... )
Sheyse e Wander viñeron a clase de Catarina a ler para os seus compañeiros uns contos en portugués:"Branca de neve", e "Papai!". Quixemos facer unha experiencia escoitando os contos noutro idioma pero algúns perdéronse un pouquiño...e costoulles seguir a actividade. O primeiro que nos leu Sheyse é unha versión do clásico Brancaneves e aínda que ten palabras que lles costou entender fórono seguindo porque é unha historia moi coñecida.
O que nos leu Wander, xa para un grupo máis pequeno, é unha versión do conto "Papá!" do escritor e ilustrador francés Philippe Corentin, e trátase dunha unha historia de monstruos moi especial para quitarlles os medos aos nenos a través do humor e a imaxinación.
Despois aproveitamos para traballar coa W de Wander e dibuxamos a Catarina e seus pais. Catarina estaba tan emocionada desde os días antes pola visita de seus pais que non quixo separarse deles en toda a actividade e chorou desconsolada cando os tivo que despedir.
Moitas grazas a Sheyse e Wander por vir a clase e participar nestas actividades de animación á lectura e por achegarnos estes contos noutro idioma e pola paciencia ademáis de irlles traducindo e explicando o que lles costaba máis entender.