xoves, 15 de maio de 2014

UNHA HORTIÑA NA MAÍA


    POR FIIIIN: despois de moito tempo, falta de terra, choiva e demáis, conseguimos ter plantada a hortiña. Os nenos e as nenas de 4 anos estamos plantando: leitugas, tomates cherry e cebolas de semilleiro. Tamén varias cabezas de allos. Despois de plantar, regamos e cubrimos todo con ramallos de podar as camelias para darlle sombra as plantiñas. Esto fixérono con moito coidado, sobre todo Kevin, que non quixo deixar leituga sin protexer!
    
    Cando comezamos coa hortiña... pois tivemos varios agasallos: a profe Carmen dounos varios exemplares de tomates diferentes (pera, corazón e negros...), leitugas de folla de roble e espinacas rastreiras... E ademáis, o profe Jose trouxonos unha cousa que nos fixo moita ilusión: UN ESPANTALLO  precioso que xa temos instalado na hortiña, coidando as leitugas...


    
    En esta  presentación podedes ver as fotos de como fixemos a hortiña!. Unha experiencia relacionada co coñecemento do medio, con saber de onde veñen os alimentos que comemos e con aprender a valorar o traballo dos demáis, neste caso dos agricultores.
      
PREMER AQUÍ
O noso espantallo

domingo, 11 de maio de 2014

OS PAXAROS DA MAÍA

   O venres fixemos unha saída moi especial con Marta, a nai de Álvaro, que intentou ensinarnos a identificar os paxaros polo seu canto. O traballo de Marta  está relacionado co medio ambiente e antes da saída explicounos como se ten ir preparado: tipo de calzado, roupa, prismáticos ...e que ela sempre leva unha libreta de campo para tomar notas do que ve. E comentounos que sempre escribe con lapis xa que se chove non se corre a tinta ... Antes de saír lembramos as normas importantes para esta saída: falar baixiño para poder escoitar os paxaros, non andar a correr e ter coidado por onde andamos... Como pudemos comprobar máis tarde o máis dificil foi o de falar baixiño... aínda así, non espantamos a tódolos paxaros e pudemos escoitar uns cuantos: carrizos, picafollas e paporrubios... O máis doado de identificar pareceunos o picafollas, xa que o seu nome en inglés reproduce o són que fai (chiff-chaff)
    Andando, andando, pasamos de Castrigo, seguimos a carretera por debaixo da autovía e chegamos a unha enorme muralla de pedra onde demos volta... Alí Marta ensinounos unha rapaz voando altísima en círculos e díxonos que era un ratoneiro. Casí non podíamos vela de tan alta...

    Polo camiño atopamos de todo: un cadeliño que levou un susto cando nos veu, formigas traballando, os "interesantísimos" restos dunha toupiña nos que puderon ver as fortes patas que ten para furar na terra... e paos, moitos paos, follas, flores, pedras e cada vez que parabamos a descansar... moreas de gravilla. Se lles deixamos traer todo o que viñan recollendo  igual hai que rebachear o camiño...

   

   Marta tamén nos trouxos fotos dos paxaros para identificalos e fotocopias para que os pintasen: o que máis lles gustou foi o paporrubio.
   Gracias Marta pola visita!





      En esta presentación está o resumo do paseo que demos, que non foi pequeno, e cando volvemos a clase xa era hora da merenda, lavamos as máns ... e a comer. Non quedaron nin as migallas...
 
Premer AQUÍ para ver as fotos da saída

NAIS CONTACONTOS: O FLAUTISTA DE HAMELIN


   Seguindo a serie de visitas a clase estivo con nós Pili, a nai de Noelia, que nos veu contar o coñecido conto dos irmáns Grimm: O FLAUTISTA DE HAMELIN.
    Pili deixou a todos abraiados xa desde a entrada porque apareceu cunha colorida e chamativa peluca na cabeza. Tamén trouxo unha bolsa da que, cando iniciou a lectura do conto, foi sacando multitude de accesorios, gorros, peluches e sobre todo unha FLAUTA para ir ambientando o conto. Noelia exerceu de directora da sesión e encargouse de axudar a súa nai sacando as cousas precisas no momento xusto ... e levando o control do conto durante toda a sesión.


 










    Os rapaces seguiron con curiosidade esta versión  do conto, sobre todo cando o flautista tocaba a flauta, e quedaron estranados co final, xa que era distinto do que esperaban: os nenos e nenas de Hamelin non volvían a casa dos pais e nais mentireiros, senón que quedaban no país das verdades.

premer na imaxe para ver a presentación da sesión
     Cando rematou o conto dibuxamos a Pili e esto é o que fixeron:

premer AQUÍ para ver os debuxos


mércores, 7 de maio de 2014

NAIS CONTACONTOS: "CONFUNDINDO HISTORIAS" DE GIANNI RODARI

    Hoxe estivo con nós Bea, a nai de Noa para contarnos un divertido conto de Gianni Rodari: "CONFUNDINDO HISTORIAS". Nel, o avó, que está tranquilamente lendo o seu xornal, ten que poñerse a contarlle un conto a súa neta . Pero non llelo conta de calquer xeito, xa que aínda que é o coñecidísimo de Carapuchiña Vermella, o avó comeza deste outro xeito: "Erase unha vez unha nena que se chamaba Carapuchiña Amarela...". Os nenos da clase, igual que facía a nena no conto, interrumpen inmediatamente a historia: NON! Que é Carapuchiña Vermella...!
   
     E con esta pequena historia de Rodari, Bea tivo aos nenos e as nenas moi atentos a unha historia que estaba CONFUNDIDA  e todos estiveron moi pendentes dos cambios nunha narración que tan ben coñecen.
    Despois puxémonos en plan "periodistas"e fixéronlle unhas cuantas preguntas a Bea que, cando rematamos coa "entrevista", quedouse un ratiño con nós mentras a debuxábamos contándonos o conto e durante a merenda. Nin que decir o contenta que estaba Noa!

  O libro está editado por Kalandraka e conta coas divertidas e orixinais ilustracións de Alessandro Sanna. O autor, Gianni Rodari, graduouse en Maxisterio e foi un gran renovador da literatura infantil e xuvenil. Tamén foi político, xornalista, pedagogo e escritor... e logrou o Premio Andersen en 1970 que ben sendo como o Nobel da Literatura Infantil.

   E nesta presentación podedes ver as fotos da sesión de contacontos que nos fixo Bea. Moitas gracias por compartir con nós este momento!

premer AQUÍ para ver as fotos da sesión

venres, 2 de maio de 2014

SABÍAS QUE..? LER CIENCIA



O lema proposto este curso dende a Asesoría de Bibliotecas escolares para os centros galegos é LER CIENCIA , para fomentar o uso da biblioteca en relación á competencia de coñecemento do mundo físico. Dende o equipo da Biblioteca propuxéronnos unha actividade para realizar a partir do 8 de Abril e hasta o día do Libro utilizando algunas sesións da Hora de Ler. Por ese motivo organizamos a realización de murais tanto en infantil como en primaria co título de Sabías que…?. Nós participamos empregando tanto os libros da clase como buscando curiosidades científicas na rede. Fixemos unha listaxe co que atopamos e cada un escolleu o sabías que...? que máis lle gustou, e puxóo nunha bombilla ou no símbolo da interrogación que decorou a seu gusto. Por suposto na clase os que máis nos gustaron foron os relacionados cos animais!

Estos son os primeiros  sabías que...? do mural en infantil...

1 AGUACATE E 3 NÍSPEROS

   Cando merendamos descubrimos que as froitas que traemos a clase teñen sementes que podemos plantar e das que xa nos naceron árboliños (laranxeiros, maceiras, limoeiros e mandarinos). Tamén vimos que das pipas de cabazas do magosto nos saían pequenas cabaceiras. Así que empezamos a ver sementes por moitos sitios: as redondas fabas marróns das glicinias trepadoras do patio, as enormes e aplastadas dos mangos que probamos un día en clase, os graos de millo, castañas, noces e avelás que xuntáramos polo outono...

    Para que visen outras diferentes e moi pequeniñas trouxenlles as  de berro e perexil,  as medianas dos nísperos e as grandes e redondas dos aguacates. As pequeniñas plantámolas nos invernadoiros da fiestra e naceron en dous días e nas macetas plantamos as outras. Antes decoramos e nomeamos as macetas e cada neno escollía 1 semente de aguacate e 3 de níspero. Tiñan que seleccionar as máis consistentes e sin enrugas e plantalas a diferentes alturas... Agora só nos queda esperar!

premer na imaxe  para ver a presentación

NAIS CONTACONTACONTOS

  O mércores veu a clase Rita, a nai de Iker, a contarnos un conto que transcurre baixo o mar, trátase de "EU NON QUERO SER UN POLBO". Esta historia trata dun polbo que quere traballar no circo, pero non está conforme con ser como é, non aprecia os seus valores e gustaríalle ser outro animal. Coa axuda dos demáis aprende a valorarse a si mesmo e acaba salvando a todos dun enorme perigo...
   Rita acompañounos un ratiño pola mañán e despois do conto respondeu as preguntas máis ou menos ordenadas que lle fixeron os nenos. Todos o pasaron moi ben e sobre todo Iker que estaba orgullosísimo da súa mamá contacontos. Moitas gracias Rita!

premede AQUÍ para ver a sesión de contos con Rita

xoves, 1 de maio de 2014

CABACIÑAS E BERROS

   Agora que chegou a primavera, están agromando as sementes que fomos plantando desde fai tempo nas macetas e no terrario. A paciencia tivo os seus froitos, xa que tardaron moito en nacer e os nenos sempre lembraban o conto "AÍNDA NADA?".  A que nos deixou máis sorprendidos foi a cabaciña da clase que un día apareceu coas súas fermosas flores de cor amarelo-alaranxado e que despois formou unha pequena cabaciña.  Incluso nos naceu un arce das sementes recollidas no outono no patio de tres anos.
    Tamén están nacendo un montón de laranxeiros, limoeiros e mandarinos das pepitas que recollimos das froitas que traían nas merendas.
   A flor da cabaciña só durou un par de días e logo murchouse...
  A cabaciña ten moitas flores e esperaremos a ver si consegue lograr os froitos...
      Como o tempo foi malo para sementar no horto, na clase fixemos un pequeniño invernadoiro con sementes de berros e de perexil. Plantamos as pequenas sementes un venres e cando entramos o luns na clase os rapaces emocionaronse todos xa que as pequenas plantiñas estaban todas nacidas.

premer na imaxe para ver o proceso


xoves, 24 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

   
    Onte foi o DÍA DO LIBRO e para celebralo, fixemos uns marcapáxinas que sinalasen onde imos quedando nos contos "grandes" que lemos. Para facelos empregamos materiais reciclados: os recortes da picadora, retrincos de cartulinas metalizadas, papeis de cores, unha base doutros marcapáxinas que tiñamos gardados "...por sí" e plumas de cores. Cada un empregou o que quixo e sairon ben bonitos. (despois plastifiqueillos para que non lles caesen pezas)
     Traballamos cunha medida que non dan pillado ( "a que cabe entre dous dedos"", xa que a maioría prefieren traballar con outra máis amplia ("a manchea"). Cando teñen moito material para escoller, deixanse levar pola ansia e comezan a acaparar ... ata que se decatan que non lles vai caber todo o escollido... e logo teñen que recollelo!
      E aínda que a primeira vista poidan parecer iguais, non é tal , xa que cada un estivo facendo e desfacendo a súa composición como tiñan o día: minimalistas, acaparadores, rosas, brilantes, naturais...
      E logo barrimos  e barrimos e barrimos.... e aínda así quedounos un chan ben lucido! E uns marcapáxinas moi bonitos! Agora teñen que metelos nos libros!







experimentando ...

  
    A derradeira semana do segundo trimestre fixemos varios experimentos: sobre o peso do aire (cunha percha e dous globos) e  sobre a electricidade (intentamos encender unha bombilla con un limón!). O do peso do aire saleunos moi ben, pero o do limón non conseguimos que funcionase e que se encendese a bombilla: decían que o limón tiña que ser máis grande, a bombilla máis pequena, o cable máis curto... pero nada!. Así que comemos o limón ... e plantamos as sementes que lle atopamos! 

clicar para ver as fotos dos experimentos


      Tamén fixemos un ramo de flores cos cartóns dos ovos, pintámolos de amarelo e envolvemos os  paos en papel de seda para facer os talos (que foi o que máis costou porque se lles pegoteaban os dedos...)  e quedonos un bonito ramiño de narcisos como os que temos no xardín.




xoves, 3 de abril de 2014

SPOT BOOK

  Estos días Emma estaba un chisco emocionada xa que esperábamos a visita de súa nai  para contarnos un conto en inglés. Bea chegou con un par de libros e cargada de cousas para acompañalos: primeiro contoulles un conto sobre alimentos e sabores e fíxolles repetir algunhas das palabras e despois houbo SORPRESA. Era un conto para comer! (a spot book). Probamos pizza, pepinillos, pasteliños salados-pretzel e de remate houbo xeado de chocolate!. Ademáis de comer as cousas que saían no conto, tiñan que identificar os distintos sabores e decir as palabras en inglés: 
  • a pizza estaba picante-spicy
  • os pepinillos - picles tiñan sabor amargo-sour flavour
  • os pasteliños- pretzel tamén eran salados-salty
  • e os xeados-ice cream  estaban deliciosos-delicious!
   Ao primeiro algúns non querían probar a pizza pero logo fóronse animando e repetiron... e nin vos conto cando viron os xeados, de eso non quedou nada! somos un chisco larpeiros!
   Despois fixeron dibuxos de Bea e das cousas que comimos e regaláronllos. Cando remataron xa era a hora da merenda e aínda tiñan fame...(e ao día seguinte a monitora do comedor contoume que despois comeron coma limas!)
    
                                       

  En este kizoa están as fotos da visita de Bea: un mundo de tempo para subilas, outra vez pelexando co adsl e a banda ancha... que debe estar a dieta! e cabreada! cousa máis leeeeenta!

clicar para ver



martes, 1 de abril de 2014

CAZADORES PRIMITIVOS


     Estas son escenas de cazarías que dibuxamos cando falamos dos homes primitivos. En internet vimos pinturas rupestres e na cova que fixemos baixo as escaleiras algúns aínda siguen dibuxando animais e escenas de caza.  Aprendimos que traballaban as pedras para facer as súas ferramentas e utensilios de uso cotián (machadas, coitelos, raspadores...) e armas para cando ían de cazaría (lanzas, puntas de frecha...).
 
      Na clase temos unhas pedras de silex como as que empregaban e tamén sabíamos que tiñan os roles moi repartidos, que os homes eran os cazadores e as mulleres as recolectoras e coidadoras da familia, aínda así, nós queríamos ter cazadoras e cazadoras dibuxamos. Pero a pesar de querer igualar os roles, "algo" se nota diferente nos dibuxos de nenos e nenas. Fixádevos. Neste caso os que empregaron máis detalles nos cazadores e nas armas foron os nenos e as nenas paráronse máis nos vestidos e peiteados ... tal que algunha das cazadoras parecían recen peiteadas! Cousas do estilismo!

clicar para ver as escenas das cazarías