Para responder a outra pregunta das importantes (cómo lle afecta a sal ao xeo?) fixemos un experimento. Preparei unha botella chea de auga para que se formase un gran cubo de xeo e na metade cubrímolo con sal.
Páginas
martes, 26 de xaneiro de 2021
Experimento con xeo e sal
sábado, 23 de xaneiro de 2021
"Te quiero (casi siempre)" e a diversidade
(AQUÍ vos poño o enlace con unha versión en video do conto, que ademáis ten pictogramas)
As diferencias que ao principio fan que Lolo e Rita se sintan moi atraidos un polo outro, acaban logrando que se anoxen e se separen hasta que comprenden que si se respetan e admiten que teñen distintos intereses, poden seguir sendo os mellores amigos... case sempre!.
E estes foron algúns dibuxos que fixemos do conto de Lolo o bicho bola e Rita a luciernaga.sábado, 16 de xaneiro de 2021
O muñeco "bailarín"
Á volta das vacacións, seguimos aquí!. Esta vez fixemos un experimento no que conseguimos que un dibuxo "bailase". Estivéramos falando dos dibuxos animados e cómo se facían, pero acabamos chegando a este truco... Vímolo primeiro no Symbaloo que temos de Ciencias no blog. Vimos os materiais que empregaban e cómo se movía... e despois probamos a ver si conseguíamos reproducilo.
Mentras, falamos de cómo se fan as experiencias de "xeito científico" nas que se siguen as seguintes etapas:- observación e preguntas : o dibuxo movíase no video, pero COMO?
- fixemos hipótesis e explicacións provisionais: aquí douselles moi ben, había moitas ideas para intentar mover o dibuxo!. No papel non se move, porque queda dentro, así que Lara dibuxou no plato de cerámica, porque non tíñamos o de cristal...
- experimentación e comprobación das hipótesis: tivemos que facer varios intentos porque o muñeco que dibuxamos non se movía. Primeiro pensamos que era demasiado delgado e dibuxámolo máis groso e con máis tinta, despois probamos con varios rotuladores distintos de pizarra e tamén fomos cambiando a temperatura da auga. Coa fría fracasamos, coa morna conseguimos que movese as pernas e COA AUGA QUENTE "BAILOU"!
- análisis e conclusións: necesitamos moita tinta de rotulador de pizarra e auga quente para despegalo do plato e que "baile".
5. E levamos un rexistro da experiencia a través dunha ficha onde escribimos o que usamos e ademáis fixemos un debuxo.
domingo, 27 de decembro de 2020
Máis fortes!
Un muñeco de neve na bola de Nadal
...pero como estaba cerca dos radiadores a pintura secou moi rápido, escachou e quedounos un precioso efecto "vintage" de craquelado antiguo. O resultado foi aínda máis bonito que o esperado!.
sábado, 26 de decembro de 2020
Feliz Nadal!
Os nenos e nenas do grupo de Marta deséxanvos un Feliz Nadal.
xoves, 24 de decembro de 2020
Unha árbore de Nadal reciclando.
mércores, 16 de decembro de 2020
Deseño de mascarillas
Un aplauso para os pequenos!!!👏👏👏
luns, 14 de decembro de 2020
Día das discapacidades
O pasado 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional da Discapacidade, que este ano tiña o lema: “UN DÍA PARA TODOS”. Dende o Equipo de Convivencia propuxéronnos darlle visibilidade no cole a esta conmemoración e para o alumnado de Infantil pasáronnos a proposta de facer un mural co lema "Capacidades Diferentes, Posibilidades Infinitas". Previamente, na clase tratamos de sensibilizar aos nenos e nenas sobre a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade.
Nós encargámonos de pintar o fondo do mural onde todos os nenos pegarían unha flor por equipo que nos representase a todos. Cada clase encargouse tamén de poñer un anaco de herba e desde 3 anos a 5 rasgamos e pegamos papeis verdes de distintos tonos e texturas.
Todos somos flores dun mesmo xardín....
domingo, 13 de decembro de 2020
Matemáticas con dados
xoves, 10 de decembro de 2020
sesión de xogos na sala grande
mércores, 9 de decembro de 2020
Creando con unha troqueladora
























