As piruletas da paz de 3 anos pintámolas con témpera e alkil en placas recortadas de porexpán. Cada un escolleu a cor que máis lles gustaba e agora están colocadas no areeiro da entrada. Esperamos que vos gusten!
Páginas
luns, 31 de xaneiro de 2022
Piruletas pola paz !
domingo, 30 de xaneiro de 2022
Collendo laranxas no horto
Tamén collimos para os compañeiros que estos días non puderon vir a clase. Para eso contamos os que estabamos e os que non viñeran. Despois botámolas pola alfombra e vimos o diferentes que eran: as nosas laranxas son pequenas e medio amarelas e parecíanse máis aos limóns. Os froitos tiñan cores que iban do amarelo brillante ao laranxa forte e tamén pudemos ver os distintos tamaños e xogamos a clasificar os froitos.
xoves, 20 de xaneiro de 2022
Mobiliario para os patios
Antes das vacacións o cole mercou bancos e maceteiros para os patios de infantil. Aquí estamos "estrenando" o novo mobiliario. As cores e superficies axudan a alegrar este espacio e facelo máis acolledor. E será máis cando comecemos a encher de plantas os maceteiros que de momento teñen outros usos!
sábado, 8 de xaneiro de 2022
Traballos de Nadal e minimundos con musgo
Como remate de trimestre e antes de irnos de vacacións fixemos manualidades relacionadas co Nadal. Decoramos bolas coas nosas fotos para colgalas nas árbores da casa, fixemos estrelas de plastilina con cortapasas e cubertas de minitubos que estimulaban a psicomotricidade fina. Todo con un mundo de purpurina!. E sobre todo pintamos as bolsas de papel que nos quedaron superchulas!
mércores, 5 de xaneiro de 2022
Garabullos e tapas: materiais naturais e reciclados.
martes, 28 de decembro de 2021
A árbore de Nadal
domingo, 26 de decembro de 2021
Receta de "plátano pirata"
Os luns para a merenda de media mañán, temos o día da froita na clase, e cando tocaba plátano falábamos de Canarias, do volcán da Palma e sobre todo do que lles costaba rematar o plátano enteiro.... Que si é moi grande, que non me gusta, que ten manchas, que xa comín moito, que non podo... En fín, tódalas excusas que seguro coñecedes.
Así que, armada de "espada pirata", corteilles os plátanos en anaquiños... e agora rematan os plátanos sen protestar jeje
Día da Discapacidade e Día da Infancia
Dende o equipo de Convivencia propuxéronnos actividades para as conmemoracións do Día da Discapacidade e do Día da Infancia. Como base empregamos bolboretas para colocar polos corredores. Os máis maiores de infantil tiñan que pensar nunha cousa que fixesen ben e outra que non se lles fose tan doada. Nas clases de 3 anos pintamos as nosas bolboretas partindo das mesmas cores e quedaron iguais... pero diferentes.
O obxectivo desta conmemoración do Día das Discapacidades é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en tódolos aspectos sociais, económicos e culturais
A celebración do día da Infancia pretende recordar e defender os dereitos dos nenos referentes á educación, a saúde e a protección sin importar de onde sexan.
sábado, 4 de decembro de 2021
Plantando bulbos de tulipáns e ciclames
sábado, 13 de novembro de 2021
Obradoiro de xogos
sábado, 6 de novembro de 2021
Reciclando e reutilizando: xogando con tapas
As tapas son un material colorido, resistente e moi atractivo visualmente. E barato!. Nós empregámolas para o conteo, a clasificación por cores, formas e tamaños... e ademáis traballamos o gusto estético a través das composicións. Se tedes tapóns bonitos como estes, ou similares, podedes mandárnolos a clase polos nenos. Aquí unhas das primeiras experiencias con este material:
xoves, 4 de novembro de 2021
Sementando landras no outono
Este parece ano de landras, e moi boas. Ibamos plantar as que tiñamos pola clase pero coa calor secáronse de máis e trouxenlles outras máis frescas que ademáis chamaban a atención polo tamaño e porque xa estaban asomando as puntas das raices en algunhas. Así que puxémonos mans á terra e plantamolas en macetas.
Cómo lles gustou meter as máns na terra!. Os nenos encargáronse de encher cada un a súa maceta, escoller as landras máis grandes ou xa algo abertas. Ademáis tiñán que contar tres ou catro e plantalas a pouca profundidade. Agora témolas nas ventás da clase e tócanos coidalas e esperar a que nos medre un bosque de carballos que co tempo levarán a casa para que lles busquedes un sitio. Agora imos traballar a paciencia!
Para "meternos en ambiente" levamos días contando contos nos que tratamos conceptos previos sobre as estacións e o paso do tempo, qué é un bosque e quén vive nel e sobre todo da perseverancia ante as dificultades como "Xaime e as landras" e "O duende Pes lixeiros".









